Guia docente 2017_18
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Deseño de Circuitos Electrónicos Analóxicos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Outros O estudante deberá realizar un proxecto teórico-práctico que será avaliado tendo en conta o traballo desenvolvido, os resultados obtidos, a presentación e análise dos mesmos, así como a calidade da memoria final entregada, se esta fose requirida. A nota final do proxecto (NPT: Nota do Proxecto Tutelado) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. A avaliación do proxecto constará dunha parte común de avaliación do traballo realizado en grupo, na que a cualificación de cada compoñente será a mesma, e dunha parte de avaliación individual de cada estudante, obtida a partir da valoración da súa contribución individual e da presentación oral do proxecto desenvolvido, se esta se levara a cabo. Neste traballo avaliaranse as competencias CB4, CB5, CG4, CG8, CE12 e CE14. 10 A4
A5
B4
B8
C12
C14
Prácticas de laboratorio Avaliaranse as competencias adquiridas polo estudante sobre os contidos das prácticas de laboratorio da materia. A nota final de prácticas de laboratorio (NPL) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. A avaliación das prácticas contará dunha parte común de avaliación do traballo realizado en grupo, na que a cualificación de cada compoñente será a mesma, e dunha parte de avaliación individual de cada estudante, obtida a partir das tarefas de traballo individual previo e de cuestións personalizadas en cada unha das sesións. Nestas prácticas avaliaranse as competencias CB4, CB5, CG4, CG8, CE12 e CE14. 30 A4
A5
B4
B8
C12
C14
Probas de tipo test Probas obxectivas, probas de teoría, que se realizarán despois de cada grupo de temas expostos nas sesións maxistrais para avaliar os coñecementos adquiridos polo estudante. A nota final destas probas obxectivas (NPO) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. Nestas probas avaliaranse as competencias CB4, CB5, CG4, CG8, CE12 e CE14. 60 A4
A5
B4
B8
C12
C14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Avaliación continua


Seguindo as directrices propias da titulación e os acordos da comisión académica ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia un sistema de avaliación continua.



Enténdese que os alumnos que realicen 1 proba obxectiva (proba de teoría) ou que falten como máximo a 1 sesión de prácticas de laboratorio optan pola
avaliación continua
da materia.




A avaliación da materia divídese en probas obxectivas (60%) e probas prácticas (40%). As cualificacións das tarefas avaliables serán válidas só para o curso académico no que se realizan.

1.a Probas obxectivas (tipo test e/ou preguntas curtas)



Realizaranse 2 probas parciais obxectivas (PO), probas de teoría, debidamente programadas ao longo do curso. A primeira proba realizarase en horario de teoría e será comunicada aos alumnos con suficiente antelación. A segunda proba realizarase o mesmo día que o exame final que se celebrará na data que estableza a dirección da Escola. As probas non son recuperables, é dicir, que se un estudante non pode asistir o día en que estean programadas o profesor non ten obrigación de repetilas.



Cada proba constará dunha serie de preguntas curtas e/ou de tipo test e/ou resolución de problemas e/ou exercicios. A nota de cada proba (PO) valorarase de 0 a 10 puntos. A nota das probas ás que falte será de 0 puntos. Para superar esta parte de probas obxectivas será necesario obter polo menos
5 puntos de 10 en cada unha delas (PO1 > = 5 e PO2 >= 5). Se se obtivo menos de 5
puntos de 10 na primeira proba (PO1 < 5), o alumno poderá recuperar
dita parte o mesmo día da segunda proba obxectiva.

Se PO1 > = 5 e PO2 >= 5 entón a nota final obtida nas probas obxectivas (NPO) será a media aritmética das notas das probas:



NPO = (PO1 + PO2)/2

en caso contrario a nota será:

NPO = 5 -Suma(Ai)/2 sendo Ai = max( {0; 5-POi} ) para i= 1, 2.

1.b Probas prácticas

1.b.1 Prácticas de laboratorio

Realizaranse 5 sesións de prácticas de laboratorio de 2 horas en grupos de 2 alumnos. A parte práctica cualificarase mediante a avaliación continua de todas as prácticas. Cada unha delas avaliarase unicamente o día da práctica. A valoración da parte práctica farase de forma individual para cada membro do grupo. Terase en conta o traballo individual de preparación previa, a asistencia e o traballo desenvolvido por cada estudante durante as sesións no laboratorio. Cada práctica valorarase cunha nota (PL) entre 0 e 10 puntos. A nota das prácticas ás que se falte será de 0. A nota final das prácticas de laboratorio (NPL) será a media aritmética de todas elas:

NPL = Suma(PLi)/5; i= 1, 2, ..., 5.

Para superar esta parte práctica será necesario obter polo menos 5 puntos de 10 en NPL. Ademais, o alumno só poderá faltar a 1 sesión de laboratorio, e só se se trata dunha falta debidamente xustificada.

1.b.2 Proxecto tutelado

Na primeira sesión de titoría en grupo (horas tipo C) presentaranse todas as actividades a realizar e asignarase o proxecto concreto a cada estudante. O profesor seguirá o desenvolvemento do traballo de cada grupo e o traballo individual de cada alumno nas restantes sesión de titoría en grupo (horas tipo C).

O proxecto será avaliado en función do traballo desenvolvido, da calidade dos resultados obtidos, da presentación e análise dos mesmos, así como da calidade da memoria final realizada, se esta fose requirida. O proxecto valorarase cunha nota (NPT: Nota do Proxecto Tutelado) de 0 a 10 puntos.

Para superar esta parte, NPT terá que ser de polo menos 5 puntos de 10 e o estudante non poderá faltar a máis de 1 sesión. A falta deberá ser debidamente xustificada.

1.c Nota final da materia

Na nota final (NF), as probas obxectivas terán un peso do 60% e as probas prácticas o restante 40% (o 30% de NF corresponderá á nota final obtida nas prácticas de laboratorio (NPL) e o 10% de NF á nota obtida no proxecto tutelado (NPT)). Para aprobar a materia será imprescindible superar a parte de probas obxectivas (parte de teoría), a parte de prácticas de laboratorio e a parte do proxecto tutelado. Neste caso a cualificación final será a suma ponderada das notas de cada parte:

NF = 0,60·NPO + 0,30·NPL + 0,10·NPT

No caso de non alcanzar o mínimo de 5 puntos nalgunha das probas parciais obxectivas (PO1 < 5 ou PO2 < 5), ou de non superar algunha das partes prácticas (NPL < 5 ou NPT < 5), ou de faltar a máis de 1 sesión de prácticas de laboratorio ou a máis de 1 sesión de proxecto tutelado, a nota final será a obtida coa seguinte expresión:

NF = 0,60·NA + 0,30·NB + 0,10·NC, onde:

NA = 5 -Suma(Ai)/2 sendo Ai = max( {0; 5-POi} ) para i= 1, 2.

NB = min( {5; NPL} )

NC = min( {5; NPT} )

Para aprobar a materia será necesario obter unha nota final NF>=5.

2. Exame final

Os alumnos que non opten pola avaliación continua poderán presentarse a un exame final que constará dunha serie de actividades avaliables similares ás que se contemplan na avaliación continua. Así, nas datas establecidas pola dirección da Escola para a realización do exame final, os estudantes que non optasen pola avaliación continua deberán realizar dúas probas obxectivas, unha proba práctica no laboratorio, e entregar unha memoria final dun proxecto tutelado previamente asignado.

As dúas probas obxectivas constarán dunha serie de preguntas curtas e/ou de tipo test e/ou resolución de problemas e/ou exercicios. Esta proba obxectivas, PO1 e PO2, valoraranse de 0 a 10 puntos.

A proba práctica realizada no laboratorio valorarase de 0 a 10 puntos e a nota final de prácticas de laboratorio (NPL) será a cualificación obtida.

Para avaliar o proxecto tutelado terase en conta o traballo desenvolvido, a calidade dos resultados obtidos, a presentación e análise dos mesmos, así como a calidade da memoria final realizada, se esta fose requirida. O proxecto valorarase cunha nota (NPT) de 0 a 10 puntos.

Para aprobar a materia será imprescindible obter un mínimo de de 5 puntos sobre 10 en PO1, PO2, NPL e NPT. Neste caso a cualificación final será a obtida coa seguinte expresión:

NF = 0,60·NPO + 0,30·NPL + 0,10·NPT, onde:

NPO será a media aritmética das notas das probas obxectivas:

NPO = (PO1 + PO2)/2

No caso de non alcanzar o mínimo de 5 puntos nalgunha das probas
parciais obxectivas (PO1 < 5 ou PO2 < 5), ou de non superar
algunha das partes prácticas (NPL < 5 ou NPT < 5), a nota final será a obtida coa seguinte expresión:

NF = 0,60·NA + 0,30·NB + 0,10·NC, onde:

NA = 5 -Suma(Ai)/2 sendo Ai = max( {0; 5-POi} ) para i= 1, 2.

NB = min( {5; NPL} )

NC = min( {5; NPT} )

Para aprobar a materia será necesario obter unha nota final NF>=5.

3. Segunda oportunidade para superar a materia

Esta oportunidade constará dunha serie de actividades avaliables similares ás que se contemplan na avaliación continua. Terá o mesmo formato que o exame final e celebrarase na data que estableza a dirección da Escola. Para a asignación do proxecto tutelado o estudante debe apuntarse previamente seguindo o procedemento indicado polo profesorado con suficiente antelación.

Aos estudantes que se presenten a esta segunda oportunidade conservaráselles a nota que obtivesen na primeira (avaliación continua ou exame final) nas partes ás que non se presenten. Ademais, nesta ocasión os estudantes só poderán presentarse a aquelas probas que non superasen na primeira oportunidade.

O cálculo da nota final da materia realizarase tal e como se explica no apartado 2.

4. Sobre o comportamento ético do alumnado

En caso de detección de plaxio nalgún dos traballos/probas realizadas a cualificación final da materia será de "suspenso (0)" e os profesores comunicarán á dirección da escola o asunto para que tome as medidas que considere oportunas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000