Para superar o curso é preciso completar as distintas
partes nas que se divide a materia (sesión maxistral, prácticas de laboratorio e proxectos). A nota final será o resultado de aplicar a media xeométrica ponderada da
nota de cada unha das partes. Sendo "x" a nota das sesións
maxistrais, "y" a das prácticas de laboratorio" e "z" a dos proxectos, a nota
final será: nota = x^0.4 ✕ y^0.2 ✕ z^0.4 Durante o primeiro
mes, os estudantes deberán indicar explicitamente e por escrito o seu
desexo de cursar a materia seguindo a avaliación final. Noutro caso
considerarase que seguen a avaliación continua. Aqueles que sigan a
avaliación continua non se poderán considerar "non presentados" unha vez
se realice a entrega do primeiro cuestionario ou tarefa. Os
alumnos que opten pola avaliación final deberán superar as probas escritas (40%), presentar un proxecto (40%) e presentar as
prácticas de laboratorio (20%). Estas partes serán avaliadas tal e como
se indica no apartado de descrición das distintas probas. A nota final
será o resultado de aplicar a media xeométrica ponderada da nota de cada unha das partes. Ademais, deberá presentar adicionalmente un dossier, que deberá defender presencialmente ante os profesores,onde
se inclúan tódolos detalles sobre a realización das distintas tarefas,
moi especialmente o traballo tutelado. Durante o primeiro mes do curso, o
profesorado notificaralles aos estudantes que opten pola avaliación
final se deben realizar o traballo de forma individual. Poderanse fixar fitos intermedios para o proxecto. Se non se alcanzan poderase aplicar unha penalización do 20% da nota. Segunda oportunidade para aprobar o curso A
avaliación de fin de curso só poderá ser realizada por aqueles alumnos
que suspenderon na primeira oportunidade (ao finalizar o cuadrimestre). Para
superar o curso será necesario superar as distintas partes nas que se
divide a materia: as probas de resposta curta (40%), presentar un
proxecto (40%) e presentar as prácticas de laboratorio (20%). Estas
partes serán avaliadas tal e como se indica no apartado de descrición
das distintas probas. A nota final será o resultado de aplicar a media xeométrica ponderada da nota de cada unha das partes. Será necesario, ademais, presentar un dossier, que deberá defender presencialmente ante os profesores, onde se inclúan tódolos detalles sobre a realización das distintas tarefas, moi especialmente o traballo tutelado. Aqueles
estudantes que seguisen a avaliación continua poden optar por manter as
notas das partes que tivesen superadas na primeira oportunidade ou
descartalas. Outros comentarios As puntuacións obtidas só son válidas para o curso académico en vigor. Aínda
que o traballo tutelado se desenvolverá (na medida do posible) en
grupos, os alumnos deben deixar evidencias do seu traballo individual
dentro do grupo. No caso no que o rendemento dun alumno ou alumna non
sexa acorde ao dos seus compañeiros de grupo, considerarase a súa
expulsión do mesmo e/ou poderá ser avaliado de forma individual nesta
parte. O uso de calquera material durante a realización dos exames terá que ser autorizado explicitamente polo profesorado. En
caso de detección de plaxio ou de comportamento non ético nalgún dos
traballos/probas realizadas, a cualificación final da materia será de
"suspenso (0)" e os profesores comunicarán o asunto ás autoridades
académicas para que tome as medidas oportunas. |