Guia docente 2017_18
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Sensores Intelixentes
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Avaliarase o traballo tendo en conta a calidade dos resultados obtidos, da presentación e análise dos mesmos, así como da memoria final entregada. A nota do traballo tutelado (NTT) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. Neste traballo avaliaranse as competencias CCB4, CB5, CG8 e CE43. 20 A4
A5
B8
C36
Prácticas de laboratorio Avaliaranse as competencias adquiridas polo estudante sobre os contidos das prácticas de laboratorio da materia. A nota final de laboratorio (NFL) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. A avaliación das prácticas contará dunha parte común de avaliación do traballo realizado en grupo, na que a cualificación de cada compoñente será a mesma, e dunha parte de avaliación individual de cada estudante, obtida a partir das tarefas de traballo individual previo e de cuestións personalizadas en cada unha das sesións. Nestas prácticas avaliaranse as competencias CB4, CB5, CG8 e CE43. 20 A4
A5
B8
C36
Metodoloxías integradas Avaliarase o proxecto tendo en conta os resultados obtidos, a presentación e análise dos mesmos e a calidade da presentación final do proxecto. A nota final do proxecto (NFP) estará comprendida entre 0 e 10. A avaliación do proxecto constará dunha parte común de avaliación do traballo realizado en grupo, na que a cualificación de cada compoñente será a mesma, e dunha parte de avaliación individual de cada estudante, obtida a partir da presentación oral do proxecto desenvolvido. Nestes traballos avaliaranse as competencias CB4, CB5, CG8 e CE43. 60 A4
A5
B8
C36
 
Outros comentarios sobre a Avaliación


1.Avaliación continua

Seguindo as directrices propias da
titulación e os acordos da comisión académica, ofrecerase aos
alumnos que cursen esta materia un sistema de avaliación continua.

Para poder optar á avaliación
continua
da materia o estudante non poderá faltar a máis de 1
sesión maxistral, a máis de 1 sesión de prácticas, nin a máis de
1 sesión de proxecto; e só si se trata de faltas debidamente
xustificadas.

A materia divídese en tres partes:
teoría (20%), prácticas (20%) e proxecto (60%). As cualificacións
das tarefas avaliables non son recuperables e serán válidas só
para o curso académico no que se realicen.

1.a Teoría

A asistencia a clase é obrigatoria.
Para superar esta parte da materia o estudante só poderá faltar a 1
sesión de teoría, e só si se trata dunha falta debidamente
xustificada.

Nas primeiras semanas do curso
encargarase a cada estudante, individualmente, que realice un
traballo tutelado sobre unha temática relacionada coa materia. Para
avaliar o traballo teranse en consideración a calidade dos
resultados obtidos, da presentación e análise dos mesmos, así como
da memoria final entregada. O prazo de entrega de dita memoria será
debidamente programado e informado polo profesorado da materia. A
nota do traballo tutelado (NTT) valorarase de 0 a 10. O estudante que
non entregue o traballo ou non o presente na data indicada terá unha
nota NTT = 0.

A nota final de teoría (NFT) será
neste caso a nota obtida no traballo: NFT = NTT.

Para superar a parte de teoría o
estudante terá que obter una nota NFT >= 5.

1.b Práctica

Realizaranse 3 sesións de prácticas
de laboratorio de 2,5 horas en grupos de 2 estudantes (sempre que
sexa posible). A parte práctica cualificarase mediante a avaliación
continua de tódalas prácticas. Cada unha das 3 prácticas
avaliarase unicamente o día da práctica. Os profesores terán en
conta o traballo previo dos estudantes para preparar as tarefas
propostas e o traballo no laboratorio, así como o comportamento do
estudante no posto.

Cada práctica terá varios apartados
e valorarase de 0 a 10, de maneira que a realización de tódolos
apartados suporá a consecución da máxima nota de práctica (NP). A
nota das prácticas ás que falte será de 0.Para superar a parte de
prácticas o alumno non poderá faltar a máis de 1 sesión, e só si
se trata dunha falta debidamente xustificada. A nota final de
laboratorio (NFL) será a media aritmética das notas das 3
prácticas.

NFL= (NP1 + NP2 + NP3) / 3

1.c Proxecto

Unha vez presentadas as actividades a
realizar, asignaranse os proxectos a cada grupo de 2 estudantes
(sempre que sexa posible). O traballo presencial do estudante para a
realización do proxecto levarase a cabo na sesión de prácticas
restante (horas tipo B) e nas sesións de grupo reducido (horas tipo
C).

Para avaliar o proxecto teranse en
conta os resultados obtidos,a presentación e análise dos mesmos e a
calidade da presentación final do proxecto. O proxecto valorarase de
0 a 10 e para superar dita parte a nota final de proxecto (NFP), terá
que ser de polo menos un 5 sobre 10 e o estudante non poderá faltar
a máis de 1 sesión , e só si se trata dunha falta debidamente
xustificada.

1.d Nota final da materia

Na nota final (NF), a nota de teoría
(NFT) terá un peso do 20%, a nota de laboratorio (NFL) terá un peso
do 20% e a nota de proxecto (NFP) do 60%.

Para aprobar a materia será
imprescindible superar a parte de teoría, a parte práctica e a
parte de proxecto. Neste caso a cualificación final será a suma
ponderada das notas de cada parte:

NF =
0,2·NFT + 0,2·NFL + 0,6·NFP.

No caso de non ter superado algunha
das partes (NFT < 5 ou NFP < 5), ou de ter faltado a máis de 1
sesión de teoría, ou a máis de 1 sesión de prácticas, ou a máis
de 1 sesión de actividades de proxecto, a nota final será a obtida
coa seguinte expresión:

NF = min{4, (0,2·NFT + 0,2·NFL +
0,6·NFP)}.

Para aprobar a materia será
necesario obter una nota final NF>=5.

2. Exame final

Os estudantes que non opten pola
avaliación continua poderán presentarse a un exame final que
constará dunha serie de actividades de avaliación. Así, nas datas
establecidas pola dirección da Escola para a realización do exame
final, os estudantes que non opten pola avaliación continua deberán
realizar unha proba teórica e unha proba práctica. Ademais deberán
realizar previamente un proxecto teórico-práctico individual e
entregar a memoria correspondente o mesmo día do exame final de
teoría. O proxecto final deberá presentarse na semana seguinte á
entrega das memorias. Para presentarse á proba de laboratorio e para
a asignación de proxecto é obrigatorio poñerse en contacto co
profesorado da materia a lo menos catro semanas antes do exame.

O exame teórico constará dunha
serie de preguntas de resposta curta e/ou tipo test que se valorará
de 0 a 10 puntos. A nota final de teoría (NFT) será a cualificación
obtida.

O exame de laboratorio consistirá na
resolución de exercicios prácticos no laboratorio, similares aos
realizados durante o cuadrimestre. A proba práctica valorarase de 0
a 10 puntos e a nota final de laboratorio (NFL) será a cualificación
obtida.

Para avaliar o proxecto teranse en
conta a presentación dos resultados obtidos e a calidade da memoria
final do proxecto. A parte de proxecto valorarase de 0 a 10 puntos e
a nota final de proxecto (NFP) será a cualificación obtida.

Para aprobar a materia será
imprescindible obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada unha das
partes.

Neste caso a cualificación final
será a suma ponderada das notas de cada parte:

NF= 0,2·NFT +
0,2·NFL + 0,6·NFP

No caso de non ter superado algunha
das partes (NFT < 5 ou NFL < 5 ou NFT < 5), a nota final
será a obtida coa seguinte expresión:

NF =
min{4 ; (0,2·NFT + 0,2·NFL + 0,6·NFP)}.

Para aprobar a materia será
necesario obter una nota final NF>=5.

3. Exame extraordinario

O exame extraordinario constará
dunha serie de actividades avaliativas similares ás que se
contemplan no exame final. O exame extraordinario celebrarase nas
datas que estableza a dirección da Escola e consistirá nunha proba
teórica e unha proba de laboratorio. Ademais, os estudantes deberán
realizar previamente un proxecto teórico-práctico individual e
entregar a memoria correspondente o mesmo día do exame final de
teoría. O proxecto final deberá presentarse na semana seguinte á
entrega das memorias. Para presentarse á proba de laboratorio e para
a asignación de proxecto é obrigatorio poñerse en contacto co
profesorado da materia a lo menos catro semanas antes do exame.

Aos alumnos que se presenten ao exame
extraordinario conservaráselles a nota que obteñan na avaliación
ordinaria (avaliación continua ou exame final) nas partes ás que
non se presenten. O cálculo da nota final da materia realizarase tal
e como se explica no apartado 1 para os alumnos que teñan apta a
parte de teoría en avaliación continua, e como se explica no
apartado 2 para o resto.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000