Guia docente 2018_19
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Informática: Arquitectura de ordenadores
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Autoavaliación Deixaranse preguntas de exame doutras convocatorias para que poidan autoavaliarse. 0 B3
B4
C2
Práctica de laboratorio Realizaranse tres exercicios prácticos no laboratorio de avaliación continua, e outros tres exercicios curtos en cada quenda de laboratorio. 50 B3
B4
C2
Probas de resposta curta Realizaranse en teoría aproximadamente 12 exercicios de avaliación continua, divididos en duas partes. 50 B3
B4
C2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN

A materia divídese en dúas partes: Teoría e Práctica.

Consideraremos:

- A media harmónica de A e B como MH(A,B) = 2*A*B/(A+B). Se A=B=0, entón MH(A,B)=0.

- A media aritmética de A e B como MA(A,B)= (A+B)/2

Para o cálculo de notas entre dúas partes distintas (A e B) empregaremos a media mixta MM(A,B), que calcúlase da seguinte forma:

Se A = >5 e B >=5 entón MM(A,B) =MA(A, B) 

      si non {

         Se MH(A,B) > 3 entón  MM(A,B) = MH(A,B)

           se non MM(A,B) = MA(A,B), máx. 3 (é dicir, si MA(A,B)>3 entón MM(A,B)=3)

             }

En palabras, a MM de A e B é a media aritmética se tanto A e B son maiores ou iguais a 5. Se non, é a media harmónica, salvo que esta sexa menor de 3, onde se aplicará a media aritmética con máximo valor de 3.

A nota final da materia (NF)  calcúlase en función da nota de Teoría (NT) e da nota de Práctica (NP): NF = MM(NT, NP). A cualificación é individual.

Para aprobar a materia, NF ha de ser maior ou igual a 5. 

Cada parte da materia poderase Avaliar de forma Continua (EC) ou por Exame Final (EF). 

O EF será realizado nas horas oficialmente aprobadas, e constará de dúas partes: Teoría e Práctica.

A avaliación continua consta das tarefas que se detallan nesta guía e non son recuperables, é dicir, se un alumno non pode cumprilas no prazo estipulado o profesor non ten obriga de repetilas.

Se una das partes (Teoría ou Práctica) apróbase na avaliación en Primeira Oportunidade, consérvase a nota para a avaliación en Segunda Oportunidade na que o alumno só se deberá examinar da outra parte. 

A cualificación obtida nas tarefas avaliables será válida tan só para o curso académico no que se realicen. 

TEORÍA

A parte de Teoría divídese en dúas partes: T1 e T2. T1 cubre aproximadamente o 66 % do temario (ata o tema 5 incluído), e T2 o 100% de o temario.

A impartición das clases de teoría farase mediante Clase Inversa Mixta, que consiste en que á semana, unha hora de clase farase mediante a visualización de vídeos fora do aula, e a outra hora de clase no aula para resolver dúbidas, realización de problemas e avaliación.

* AVALIACIÓN EN PRIMEIRA OPORTUNIDADE

 

*.* EVALUACION CONTINUA (EC).

A avaliación continua consiste na realización de exercicios curtos (10-15 minutos) na hora de clase semanal. A nota da parte T1 e T2 será a media aritmética correspondente ós exercicios de cada unha de esas partes (aproximadamente 7 e 5, respectivamente). Non se realizará ningún exercicio no calendario de exames: todos os exercicios serán realizados en clase. Se un alumno non pode asistir a algún exercicio, non se lle repetirá. Normalmente case todas as semanas farase un exercicio curto: aquelas semanas que non se realice o exercicio curto, aprazarase para a seguinte semana, onde se realizarán dous exercicios curtos, ou un só pero con dobre peso.

A nota de Teoría mediante EC na avaliación en Primeira Oportunidade é a media mixta da nota de estas dúas partes, 

NT =MM(T1, T2) 

Se un alumno suspendese a teoría, pero aproba unha das partes (T1 ou T2), conservaráselle a nota da parte aprobada para a avaliación en Segunda Oportunidade. Se suspendese as dúas partes deberá presentarse ó Exame Final na avaliación en Segunda Oportunidade.

*.* EXAME FINAL

Todo alumno que non siga a EC deberá presentarse ó Exame Final (EF). O EF consta de dous exercicios (de cada unha das partes): T1 e T2, a realizar en 90 minutos máis un exame tipo test (TEST) sobre todo o contido da materia a realizar en 20 minutos. 

A nota total será NT=0,8*MM(T1, T2) + 0,2*TEST

* AVALIACIÓN EN SEGUNDA OPORTUNIDADE

O Exame Final de avaliación en Segunda Oportunidade ten a mesma estrutura que o da avaliación en Primeira Oportunidade.

Se non realizou EC, terá que presentarse a todo o exame final, tanto a T1 como a T2 e TEST, independentemente das notas obtidas no exame Final de avaliación en Primeira Oportunidade en cada proba. 

Se realizou EC e suspendeu a teoría, pero aprobou unha das partes (T1 ou T2), poderase presentar unicamente á parte suspensa, anulando a nota obtida en EC e conservándose a parte aprobada. A nota de teoría será igual que en EC: NT=MM(T1, T2).

Se realizou EC e suspendeu a Teoría así como as dúas partes T1 e T2, terá que presentarse a todo o Exame Final (T1, T2 e TEST).

 * CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE FIN DE CARREIRA

Consistirá nun exame similar ó do Exame Final de avaliación en Primeira Oportunidade.

 

PRÁCTICA

* AVALIACIÓN EN PRIMEIRA OPORTUNIDADE

*.* EVALUACION CONTINUA.

A parte de Práctica en EC consta de 3 exercicios P1, P2 e P3. P1 tratará dun ordenador SINXELO, P2 do ordenador BÄSICO (arredor do 60% do temario) e P3 sobre un ordenador  COMPLETO (100% de o temario). Os exercicios realizaranse no laboratorio e durarán aproximadamente 1 hora. P1 será sobre a Semana 4, P2 sobre a semana 8 e P3 o día de o exame final (será un exame distinto para os que decidan continuar por EC ou para os que decidan presentarse unicamente a a EF). P1 e P2 realizaranse en quendas de tarde.A planificación das diferentes probas de avaliación intermedia aprobarase nunha Comisión Académica de Grao (CAG) e estará dispoñible ao principio do cuadrimestre

A nota total será NP=0,20*P1+0,35*P2+0,45*P3

*.* EXAME FINAL

Todo alumno que non siga a EC deberá presentarse ó Exame Final (EF). 

O EF de Práctica consistirá nun exercicio sobre o ordenador COMPLETO a realizar no laboratorio en unha hora (aproximadamente).

A Nota de Práctica en este caso é a nota do EF.

* AVALIACIÓN EN SEGUNDA OPORTUNIDADE

Consistirá nun exame similar ó do Exame Final de avaliación en Primeira Oportunidade. Todo alumno suspenso na parte práctica, siga a EC ou non, deberá presentarse a este exame.

 * CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE FIN DE CARREIRA

Consistirá nun exame similar ó do Exame Final de Avañiación en Primeira Oportunidade.

 

CUESTIÓNS XERAIS

Todas as notas de todos os exercicios e exames realizados tanto en teoría como en práctica puntuaranse de 0 a 10. O nota do Exame TEST de Teoría pode ser negativa.

ELECCIÓN DE AVALIACIÓN CONTINUA:

Se un alumno preséntase a unha das probas de EC (Teoría ou Práctica) considérase que esa parte séguea xa por EC, non podéndose presentar ó Exame Final de avaliación en Primeira Oportunidade de esa parte. Obsérvese que un alumno pode seguir, se así o desexa, unha parte (Teoría ou Práctica) por EC, e a outra (Práctica ou Teoría) por Exame Final.

 ACTAS: Todo alumno que se presente a algún dos exercicios de EC, tanto de práctica como de teoría, considerarase como presentado e a súa nota será a obtida de aplicar as correspondentes fórmulas.

EXAMES: Para poder realizar calquera exame ou exercicio de teoría (T1, T2 e EF)  ou de práctica (P1, P2, P3 e EF), tanto en avaliación en primeira como en segunda  oportunidade, e convocatoria extraordinaria de fin de carreira, todo estudante haberá de inscribirse a través da correspondente ferramenta informática, para o cal avisarase cun prazo mínimo de 5 días naturais.

NOTAS: Antes da realización ou entrega dun exercicio, ou a realización dun exame, indicarase a data e procedemento de revisión das cualificacións obtidas, que serán publicadas nun prazo razoable de tempo.

COMUNICACIÓNS COS ALUMNOS: Todas as comunicacións referentes a asuntos da organización docente serán realizadas a través das ferramentas informáticas empregadas na materia, principalmente FAITIC, BEA e correo electrónico. Enténdese que todos os alumnos len o seu correo electrónico (o consignado en FAITIC) polo menos unha vez ao día. 

CÓDIGO ÉTICO: Espérase de todos os alumnos que teñan un comportamento ético en todas as probas de avaliación, garantindo a igualdade de oportunidades para todos os alumnos. No caso de que se detecte unha infracción de devandito comportamento ético nunha proba particular, a puntuación obtida nesa proba será automaticamente de cero (0) e emitirase un informe á Dirección da Escola para que tome as medidas oportunas.

Exemplos de comportamento non ético son: uso de aparellos electrónicos (móbiles, tabletas, ordenadores, etc.), copia doutro compañeiro, uso de material non autorizado nas normas concretas do exame en cuestión, etc.

 

 

 










Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000