Guia docente 2011_12
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Economía: Microeconomía
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de resposta curta Exame escrito (ata 7 puntos).

Realizaranse un exame parcial co contido teórico e práctico dos primeiros 6 temas da materia e unha proba final na data oficial establecida no calendario de exames.

A proba final constará de dúas partes (a primeira corresponderase cos temas do 1 ao 6 e a segunda cos restantes) cada unha das cales se valorará sobre 3,5 (para poder aprobar a materia será preciso obter como mínimo 1 punto en cada parte). A nota do exame obterase da media aritmética simple das cualificacións alcanzadas en cada unha das partes.

O alumnado que supere o exame parcial, só terá que examinarse na proba final da segunda parte que se corresponde cos temas restantes. O estudantado que non supere o exame parcial terá que examinarse de toda a materia na proba final.
70
Resolución de problemas e/ou exercicios A entrega de follas de exercicios e a nota dos pequenos controis que periodicamente se poidan facer. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

NOTA IMPORTANTE: Como xa se mencionou, a nota final da materia resulta da suma da cualificación obtida na avaliación continua máis a obtida no exame. Porén, a puntuación deste só se terá en conta cando en cada unha das partes o alumnado obteña unha puntuación igual ou superior a 1 dos 3,5 puntos. En caso contrario, a  nota final será igual á puntuación obtida por avaliación continua.

A cualificación do estudantado que non se presenta ao exame será a que obtivese por avaliación continua.

Para aprobar a materia será preciso obter unha nota final igual ou superior a 5 puntos.

A nota obtida na avaliación continua (30% da nota final) manterase para todas as convocactorias do ano académico 2011/12.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000