Guia docente 2011_12
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Empresa: Fundamentos de administración
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Consiste na resolución, de forma individual ou en grupo, de cuestións formuladas, guiadas e supervisadas polo profesorado sobre a disciplina. Avaliarase a participación do alumnado e a comprensión da materia. Inclúe a asistencia a todas as sesións, a entrega de informes, arquivos de follas de cálculo e proba/s escrita/s. Teranse en conta na avaliación unha vez se aprobe o exame teórico; gardarase a súa cualificación ata que se cumpra o devandito criterio. 40
Probas de resposta curta Será necesario aprobar este apartado para aplicar porcentaxes e avaliar prácticas. Proba para avaliar as competencias adquiridas que inclúe preguntas directas sobre un aspecto concreto. O estudante debe responder de xeito directo e breve en función dos coñecementos que teña sobre a materia. Constará de preguntas curtas a nivel de concepto, enumeración ou resumo sintético sobre os contidos da materia. 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia será necesario aprobar o exame teórico; a partir de
aí aplicarase o criterio (60%-40% relativo a exame e prácticas). A
cualificación correspondente á avaliación continua (40 % da nota final)
gardarase para eventuais convocatorias posteriores; salvo que houbese
unha modificación substancial destas, que referiría o profesorado ao
principio de cada curso académico.

A táboa anterior refírese
á avaliación continua seguindo o modelo de Bolonia. Na avaliación
continua será obrigatoria a asistencia a un 80 % do total das clases
salvo
ausencia xustificada. A cualificación correspondente á avaliación
continua
(40 % da nota final) gardarase para eventuais convocatorias
posteriores;
salvo que houbese unha modificación substancial destas, que referiría o
profesorado
ao principio de cada curso académico.

Excepcionalmente, valorarase
cunha proba escrita a aquel alumnado que, xustificadamente, non poida seguir
o sistema anterior.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000