Guia docente 2011_12
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Historia: Historia económica
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Mediante esta metodoloxía, co apoio audiovisual, presentarase de maneira sintética, secuencial e motivadora os aspectos claves dos contidos fundamentais da materia.
As primeiras estarán dedicadas a ofrecer unha visión panorámica da materia e conceptos básicos de historia económica; as restantes estarán destinadas a traballar temas monográficos.
A pesar de que o método destas sesións é fundamentalmente expositivo, promoverase a participación activa do estudantado.
Traballos de aula Traballaranse temas monográficos que requerirán traballo previo de preparación por parte dos estudantes.
O traballo de aula é unha instancia para socializar, decantar e sintetizar os coñecementos adquiridos na súa preparación.
Concíbese o traballo de aula como proceso de aprendizaxe.
O alumnado traballará cos materiales distribuidos polos docentes e terá que amosar o nivel de consolidación do aprendizaxe.
Titoría en grupo Desenvolveranse actividades heteroxéneas (comentarios, soporte gráfico, análise cuantitativo e cualitativo, debates, preguntas) que teñen como finalidade consolidar os coñecementos e habilidades adquiridos nas clases maxistrais e no trallos de aula. Realizaranse probas en cada unha das titorias en grupo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000