Guia docente 2011_12
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dirección comercial I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Estudo de casos/análises de situacións ESTUDO DE CASOS, ANÁLISES DE SITUACIÓNS E PRESENTACIÓNS.Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución. Ademais realizarase a exposición por parte do alumnado ante o docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun caso, traballo, ... Pódese levar a cabo de xeito individual ou en
grupo.
Resolución de problemas e/ou exercicios RESOLUCION DE PROBLEMAS, EXERCICIOS Ou SIMILAR: Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados.
Sesión maxistral SESIÓN MAGISTRAL PARTICIPATIVA: Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante. Requírese a participación activa do alumnado no aula a través de exposicións e debates. Recoméndase ao estudante que
traballe previamente o material entregado polo profesor e que se consulte a bibliografía
recomendada para completar a información co fin de seguir as explicacións e participar
activamente nas cuestións e preguntas suscitadas ao longo da clase. En ningun caso as transparencias entregadas polo profesor constitúen material suficiente sobre o contido da asignatura.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000