Guia docente 2011_12
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Réxime fiscal da empresa I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación do contido e obxectivos da materia. Metodoloxía de traballo e sistemas de control e avaliación.
Sesión maxistral Para cada tema o docente presentará na aula as cuestións mais relevantes e formulará a metodoloxía a seguir para interpretar as consecuencias e efectos prácticos da norma tributaria. Posteriormente o alumno deberá revisar de xeito autónomo os contidos expostos.
Prácticas de laboratorio As sesións prácticas terán lugar en seminarios e en aulas de informática. En cada sesión proporánse casos a estudar en grupos reducidos (de 3 alumnos no caso de seminarios e individualizados no caso das prácticas informáticas) que deberán comentar, resolver e defender.
O alumno disporá previamente dos enunciados dos casos a través da Plataforma Tema e deberá elaborar unha primeira proposta de solución xustificada que deberá entregar previamente ó desenvolvemento da sesión presencial.
En todos os casos, o alumno disporá posteriormente da solución comentada que lle servirá de material adicional de estudo.
Prácticas autónomas a través de TIC Cada semana, despois da sesión maxistral, abriráse un formulario práctico dixital (de resposta curta ou test) na Plataforma Tema, relativo ós contidos desenvoltos na sesión maxistral.
Trátase de actividades non presenciais que posibilitan o seguimento e avaliación do alumno, que deberá responder nos prazos sinalados.
En cada caso, o alumno disporá posteriormente da solución que lle permita verificar os resultados acadados.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000