Guia docente 2011_12
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Réxime fiscal da empresa I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Avaliaráse e puntuaráse a entrega previa da proposta de solución para cada práctica de laboratorio.
Este apartado de traballo persoal puntuaráse sobre un máximo global de 1 punto.
10
Prácticas autónomas a través de TIC Avaliaráse e puntuaráse a resolución dos casos propostos despois de cada sesión maxistral.
Este apartado de traballo persoal puntuaráse sobre un máximo global de 2 puntos.
20
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Ó remate das partes II e III do programa da materia, en dúas das sesións prácticas presenciais, proporáse un boletín de casos que o alumno deberá resolver de xeito individual e que permitirá avaliar o seu nivel de coñecementos ata ese momento.
Cada unha destas dúas probas puntuaráse cun máximo de 1 punto.
20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Rematada a docencia presencial, o alumno deberá realizar unha proba escrita que consistirá na resolución de casos prácticos de liquidación do IRPF e do Imposto de Sociedades. O alumno deberá resolver de xeito individualizado os casos propostos xustificando as decisións adoptadas.
Esta proba escrita final avaliaráse cunha puntuación máxima de 5.
50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia o alumno deberá acadar unha puntuación mínima de 5 puntos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000