Guia docente 2011_12
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Empresa: Economía de empresa
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor, aplicando os coñecementos que adquiriu. Correspóndese coas 6 prácticas que debe realizar o alumno integrado nun grupo de traballo e de xeito presencial. Parte da avaliación realizaráse de xeito individual.
<br>
30
Probas de resposta curta Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en función dos coñecementos que teñen sobre a materia. Correspóndese coa parte teórica do exame final. 35
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas para a avaliación que inclúen actividades, problemas ou exercicios prácticos a resolver. Os alumnos deben dar resposta á actividade suscitada, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da materia. Correspóndese coa parte práctica do exame final. 35
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A evaluación do alumno realizarase do seguinte xeito:

- Exame final (70% da nota final, 7 puntos). Realizarase un único exame ao final do cuadrimestre, que constará dunha parte teórica y unha parte práctica. Para superar o examen será necesario obter unha nota igual ou superior a 3,5 puntos e, como mínimo, o 40% da nota asignada a cada parte.

- Traballos realizados en grupo e individualmente nas prácticas de xeito presencial (30% da nota final, 3 puntos).

Para superar a materia, é necesario cumprir dúas condicións: superar o exame final e acadar un mínimo de 5 puntos na materia.

No caso de superar o exame, a nota final da materia resulta da suma da nota acadada no exame y da nota dos traballos realizados nas prácticas de xeito presencial.

No caso de non superar o exame, a nota final da materia será a resultante de expresar a nota do exame nunha escala de 10 puntos.

Antes da revisión do exame, procederáse á súa corrección pública, na que se explicarán os criterios de puntuación.

A segunda convocatoria rexirase polas mesmas normas.

Os alumnos que asistan a dúas ou máis prácticas e non se presenten a ningún exame serán calificados como suspensos na segunda convocatoria e a súa nota será a das prácticas nunha escala de 10 puntos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000