Guia docente 2011_12
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Tributación
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Sesión inicial na o docente presentará o contido e obxectivos da materia así como a metodoloxía de traballo e os sistemas de control e avaliación.
Sesión maxistral En cada sesión, o docente presentará as cuestións más relevantes de cada tema. Formulará a metodoloxia a seguir para interpretar as consecuencias e os efectos da norma tributaria e resaltará a súa aplicación práctica
Prácticas de laboratorio As sesións practicas terán lugar en seminarios e en aulas de informática. En cada sesión se proporá un caso a estudar en grupos reducidos (de tres alumnos no caso dos seminarios e individualizada no casa de prácticas informáticas) que deberán presentar e defender.
Para a resolución das prácticas o alumno/a deberá apoiarse nas referencias bibliográficas e na información dipoñible na páxina web da Axencia Tributaria.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Durante o curso proporase cada semana aos alumnos un conxunto de casos complementarios que terán que resolver xustificando as decisións adoptadas. Tratarase de actividades non presenciais que posibiliten o seguimento e avaliación do/a alumno/a e o seu preceso de aprendizaxe mediante a utilización da plataforma informática docente da Universidade de Vigo (TEMA).

En cada caso o alumno disporá da solución de cada caso para que verifique persoalmente as suas respostas sen necesidade da titorización persoal
Estudo de casos/análises de situacións Despois de cada sesión maxistral o/a alumno/a deberá profundizar de xeito autónomo nas cuestións plantexadas consultando as referencias bibliográficas, accedendo as fontes de información e resolvendo casos complementarios propostos
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000