Guia docente 2017_18
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Empresa: Fundamentos de empresa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba final que pode conter parcial ou totalmente os contidos da materia desenvolvidos nas clases de teoría e de prácticas, en base aos resultados dados nas diferentes probas feitos durante o curso.
O nº de probas ao longo do cuadrimestre serán de 5 e para poder aprobar a materia débense aprobar todas, as que non se superen iranse con elas ao exame de maio ou xuño. A nota final será a media de todas.
Os que non se presenten a todas, condición imprescindible para aprobar por parciais irán ao exame final con toda a materia.
100 B4
B8
C5
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Ofreceranse dous sistemas de avaliación: avaliación por parciais; e avaliación ao final do cuadrimestre. En calquera dos dous sistemas de avaliación todas as competencias da materia quedan avaliadas.
1. Avaliación por parciais: A avaliación por; parciais constará dun conxunto de probas planificadas e desenvolvidas ao longo do curso, e que se completará cun exame ao final do cuadrimestre que cubrirá total ou parcialmente a materia (os que aprobasen os parciais e presentáronse a todos non terán que ir con elas ao final). Os alumnos teñen dereito a revisar as súas probas de Avaliación continua. As probas consistirán en cinco exames (temas 0 e 1, tema 2, tema 3, temas 4 e 5 e temas 6 e 7) que se efectuarán ao acabar cada grupo de temas. Cada unha delas versará sobre os contidos vistos ata o momento de realización da proba, tanto en clases de teoría como de prácticas, é por isto que todas as probas terán o mesmo peso. Así mesmo para poder aprobar a materia, deberase asistir a 9 das 13 prácticas previstas, así como o resolver e enviar a cada profesor a resolución das mesmas. Si o alumno superou todas as probas (é dicir obtén como cualificación mínima un 5), quedará exento da realización do exame ao final do cuadrimestre. A cualificación que obtén o alumno neste caso será a nota media ponderada dos puntuables, no caso de que quede algunha se presentará ao final e gardaránselles as notas das probas aprobadas, facendo media con elas para a nota final. O estudante ten dereito a coñecer a cualificación obtida en cada tarefa e a súa posterior revisión nun prazo razoable tras a súa realización. Así mesmo, estas tarefas non son recuperables, é dicir, se un alumno non pode realizalas no día estipulado o profesor non ten o deber de repetilas. A cualificación obtida nas tarefas avaliables será válida tan só para o curso académico no que se realicen, sendo a súa nota final a media de todas as aprobadas.
2. Alumnos que non optan por avaliación por parciais. Aos alumnos que non opten pola avaliación por parciais ofreceráselles un procedemento de avaliación que lles permita alcanzar a máxima cualificación. Este procedemento consistirá nun exame final que inclúa os contidos desenvolvidos nas clases de teoría e de prácticas.
3. Sobre a convocatoria de recuperación Se fixo os diversos exames: terá que examinarse dos que non superou, gardando a nota, no suposto de non aprobar todas, ata a convocatoria extraordinaria de xuño/xullo, nas cales se examinará das non aprobadas soamente, se non os fixo: terá unha proba final de toda a materia.

En ambos os casos terá que realizar as prácticas que se programen ao longo do curso fagan ou non as probas parciais, asistindo a elas.
4. Cualificación de Non Presentado: Un alumno considerarase non presentado se, non participou na proba final, excepto os que aprobaron todos os parciais. En calquera outro caso, o alumno considerarase presentado e recibirá a súa nota correspondente.

Todos aqueles alumnos que non aprobaran tódolos parciais,  se presentaran a todos ao longo do curso, a súa
media sexa maior que 5 e non se presenten ao exame final terán
de nota un 4,0.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000