Guia docente 2017_18
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Informática: Arquitectura de ordenadores
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de autoavaliación Deixaranse preguntas de exame doutras convocatorias para que poidan autoavaliarse. 0 B3
B4
C2
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realizaranse tres exercicios prácticos no laboratorio de avaliación continua, e outros tres exercicios curtos en cada quenda de laboratorio. 50 B3
B4
C2
Probas de resposta curta Realizaranse en teoría aproximadamente 12 exercicios de avaliación continua, divididos en duas partes. 50 B3
B4
C2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

EVALUACIÓN

A materia divídese en
dúas partes: Teoría e Práctica.

Considérase:

- A media harmónica de A e B como
MH(A,B) = 2*A*B/(A+B). Si A=B=0, entón MH(A,B)=0.

- A Media aritmética de A e B como
MA(A,B)= (A+B)/2

 

Para o cálculo das notas entre dúas
partes distintas (A e B) empregamos a Media Mixta MM(A,B), que segue a seguinte
forma:

Se  A >= 5 e B >=5 entón MM(A,B) =MA(A, B)

     
se non  {

         Se
MH(A,B) > 3 entón MM(A,B) = MH(A,B)

           Se non MM(A,B) = MA(A,B), max. 3 (i.e. se
MA(A,B)>3 entón MM(A,B)=3)

             }

Noutras palabras, a MM
de A e B é a media aritmética se A e B son maiores o iguais ca 5. Se non, é a
media harmónica, salvo que esta sexa menor ca 3, neste caso aplicarase a media
aritmética cun valor máximo de 3.

A nota final da materia (NF)
calculase en función da nota de Teoría (NT) e da nota de Práctica (NP): NF = MM(NT, NP)

Para aprobar a materia,
NF deberá ser maior ou igual a 5. 

Cada parte da materia
poderase avaliar de forma continua (AC) ou por exame final (EF). 

O EF realizarase nas
horas fixadas oficialmente e constará de dúas partes: Teoría e Práctica.

A avaliación continua
consta das tarefas que se detallan nesta guía e non son recuperables, e dicir,
se un alumno non pode cumprilas no prazo estipulado, o profesor non ten a
obriga de repetilas.

Se unha das partes
(Teoría ou Práctica) se aproba na convocatoria de Final de Cuatrimestre,
conservase a nota para a convocatoria de recuperación, na que o alumno só se
deberá examinar da outra parte. Se o alumno fixo AC, na parte que queda
pendente, consérvanselle as notas obtidas.

A puntuación obtida nas
tarefas avaliables será válida tan só para o curso académico no que se
realicen.

 

 

TEORÍA

A parte de Teoría
divídese en dúas partes: T1 e T2. T1 cubre aproximadamente o 66% do temario
(ata o tema 5 incluído),  e T2 o 100% do temario.

As clases de teoría
impartiranse mediante Clase Inversa Mixta, consiste en que á semana, unha hora
de clase farase mediante a visualización de vídeos fora da aula, e a outra hora
de clase na aula usarase para resolver dúbidas, realización de problemas e
avaliación.

 

* AVALIACIÓN CONTINUA
(AC)

Na AC de Teoría o alumno
realizará exercicios curtos (10-15 minutos) durante a hora de clase semanal. A
nota da parte T1 e T2 será a media aritmética correspondente os exercicios de
cada unha das partes (aproximadamente 7 e 5, respectivamente). Non se realizará
ningún exercicio no calendario de exames: tódolos exercicios serán realizados
na clase. Se un alumno non pode asistir a algún deste exercicios, no se lle
repetirá.

A nota de Teoría mediante AC é a
media mixta da nota de estas dúas partes, NT =MM(T1, T2)

Se un alumno suspendese
a teoría, pero aproba unha das partes (T1 ou T2), conservaráselle a nota da
parte aprobada e poderá presentarse só a recuperación da parte suspensa. Se
suspende as dúas partes deberá presentarse o exame final.

 

* EXAME FINAL DE
CUATRIMESTRE

Todo alumno, seguise ou
non a AC, pode presentarse ó Exame Final. Se seguiu a AC, poderá descarta os
resultados obtidos nela e presentarse ó exame final. En tal caso, a nota válida
será a de EF, anulando a nota que se tivese obtido anteriormente na AC.

Se seguiu a AC e
suspendeu a teoría, pero aprobou unha das partes (T1 ou T2), poderá presentarse
unicamente a parte suspensa, anulando a nota obtida na AC e conservando a da parte
aprobada. A nota de teoría e igual ca no caso da AC: NT=MM(T1, T2).

O EF consta de dous
exercicios T1 e T2 a realizar en 90 minutos máis un
exame tipo test (TEST) sobre todo o contido da materia a realizar en 20
minutos.

A nota total será:

NT=0,8*MM(T1, T2) + 0,2*TEST

Os alumnos que no realizaran AC,
terán que presentarse a todo o exame FINAL (T1, T2 y TEST).

* EXAME DE RECUPERACIÓN 

O Exame de Recuperación
de teoría ten a mesma estrutura que o Final de Cuatrimestre .

Se o alumno non realizou
AC, terá que presentarse tanto a T1 coma a T2 e TEST independentemente das
notas obtidas no Final de Cuatrimestre en cada proba.

Se optou por a AC, o
alumno pode presentarse a todo o EF anulando a nota que tivese obtido na AC.

Se seguiu a AC e
suspendeu a teoría, pero aprobou una das partes (T1 ou T2), poderá presentarse
unicamente a parte suspensa, anulando a nota obtida na AC e conservando a da
parte aprobada. A nota de teoría será igual ca no caso da AC: NT=MM(T1, T2).

 

PRÁCTICA

* AVALIACION CONTINUA.

A parte de Práctica en
AC consta de 3 exercicios: P1, P2 e P3. P1 tratará de SIMPLEZ, P2 de ALGORITMEZ
Básico (sobre o 60% do temario) e P3 sobre ALGORITMEZ Completo (100% do
temario). Os exercicios realizaranse no laboratorio e durarán aproximadamente 1
hora. P1 será sobre a 4ª semana, P2 sobre a 8ª e P3 o día do exame final (este
exame será distinto para os que decidan continuar por AC ou para os que decidan
presentarse unicamente a EF). P1 e P2 realizaranse en quendas de tarde.

Así mesmo faranse en
cada quenda de laboratorio exames curtos (duración aproximada de 30 minutos)
aproximadamente as semanas 2, 6 e 10, respectivamente E1, E2 e E3.

A nota de AC de Práctica é a media
ponderada dos 3 exercicios prácticos e dos 3 exames curtos:

NP=0,07*E1+0,15*P1+0,08*E2+0,27*P2+0,09*E3+0,34*P3

 

* EXAME FINAL DE
CUATRIMESTRE

Todo alumno, haxa ou non
seguido a AC, pode presentarse ao Exame Final. Se seguiu a AC, poderá descartar
os resultados obtidos nela e presentarse ao Exame Final. En tal caso, a nota
válida será a do EF, anulando as notas que tivese obtido anteriormente na AC.

O EF de Práctica
consistirá nun exercicio sobre ALGORITMEZ a realizar no laboratorio en 1 h
(aproximadamente).

A Nota de Práctica neste
caso é a nota do EF.

* RECUPERACIÓN 

A convocatoria de
recuperación consistirá nun exame similar ao Exame Final de Cuatrimestre.

 

CUESTIÓNS XERAIS

Tódalas notas e tódolos
exercicios e exames realizados en teoría e en prácticas son puntuados de 0 a
10.

ACTAS: Todo alumno que
se presente a algún dos exercicios de AC, tanto de prácticas coma de teoría,
considéranse como presentados e a súa nota será o resultado de aplicar as
correspondentes formulas.

EXAMENES: Para poder
realizar calquera exame de teoría (T1 e T2 e EF) ou de práctica (P1, P2, P3 e EF),
incluíndo os de recuperación, todo estudante haberá de inscribirse a través da
correspondente ferramenta informática, para o cal se avisará cun prazo mínimo
de 5 días naturais.

NOTAS: Antes da
realización ou entrega dun exercicio, ou da realización dun exame, indicarase a
data e procedemento de revisión das cualificacións obtidas que serán públicas
nun prazo razoable de tempo.

COMUNICACIÓNS COS
ALUMNOS: Tódalas comunicacións referentes a asuntos da organización docente
realizaranse a través das ferramentas informáticas empregadas na materia,
principalmente FAITIC, BeA e correo electrónico. Entendese que tódolos alumnos
leen o seu correo electrónico (consignado en FAITIC) ao menos unha vez o día.

CÓDIGO ÉTICO: Esperase
de tódolos alumnos que teñan un comportamento ético en tódalas probas de
avaliación, garantindo a igualdade de oportunidades para tódolos alumnos. En
caso de detectares unha infracción de dito comportamento ético nalgunha proba
particular, a puntuación obtida nesa proba será automaticamente dun cero (0) e
emitirase un informa a Dirección da Escola para que tome as medidas oportunas.