Guia docente 2017_18
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Física: Análise de circuítos lineais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse 3 probas en horario de Grupo A, previsiblemente, nas semanas 6 (ECA1 Tema I), 10 (ECA2 Tema II a Tema IV) e 15 (ECA3 Tema V a Tema VII). A puntuación de cada unha destas tres probas será de: 1.5, 3.0 e 2.5 puntos, respectivamente.

Nas 3 das 11 sesións de Grupo B que se desenvolverán no laboratorio informático plantearase ó final das mesmas a resolución dunha tarefa avaliable (ECB1, ECB2, ECB3) cunha nota máxima cada unha de elas de ata 0.5 puntos, o que supón un máximo de 1.5 puntos. Previsiblemente, estas sesións serán as correspondentes ás semanas 4, 8 e 15.
85 B3
B4
C4
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Esta proba (ECHW) realízase en horario de Grupo B en laboratorio de hardware.Trátase dunha proba relativa a exercicios de montaxe e medida de circuítos. Esta proba realizarase, previsiblemente, na semana 12 e terá unha puntuación máxima de 1.5 puntos. Para estes exercicios valoraranse a capacidade de traballo en grupo, o axuste ás especificaciones de deseño e a presentación de resultados.
15 B3
B4
C4
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Adicionalmente ao sistema de avaliación continua, constituído polos tres conxuntos de probas (ECA, ECB e ECHW) que se acaban de describir, o alumnado poderá optar pola realización dun exame final. Este exame abarcará a totalidade dos contidos da asignatura, tanto teóricos como prácticos, e poderá incluir probas tipo test, preguntas de razoamento, resolución de problemas e/ou exercicios, así como o desenvolvemento de casos prácticos. A puntuación máxima deste exame é de 10 puntos. 0 B3
B4
C4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado, conforme ao calendario escolar, terá dúas oportunidades no curso académico para superar a materia:

1. Primeira oportunidade ao finalizar o cuadrimestre. O alumnado pode optar libremente polo sistema de avaliación continua descrito na sección anterior, sen que iso exclúa a posibilidade de realizar un exame final. Casos posibles:


  • Alumnado que só realiza a avaliación continua: é cualificado coa puntuación que obtivo na mesma.
  • Alumnado que só realiza o exame final: é cualificado coa puntuación que obtivo no mesmo.
  • Alumnado que realiza a avaliación continua e o exame: é cualificado coa mellor de ambas as puntuacións.

2. Exame extraordinario. O alumnado que non superou a asignatura ao final do cuatrimestre pode realizar un exame final extraordinario que abarcará a totalidade dos contidos da asignatura, tanto teóricos como prácticos, e que poderá incluír probas tipo test, preguntas de razonamiento, resolución de
problemas e/ou exercicios, así como o desenvolvemento de casos prácticos. A puntuación alcanzada no mesmo (entre 0 e 10) será a cualificación final, substituíndo á agregación das notas das probas de avaliación continua e o exame finale de avaliación continua.

Comentarios adicionais:

  • O alumnado debe asistir ás prácticas de laboratorio no grupo que lle foi asignado ao principio de cuatrimestre.
  • Levarase a cabo un control de asistencia ás sesións prácticas.
  • A asistencia ás dúas sesións de laboratorio hardware, e a correspondente avaliación ECHW, é obrigatoria.
  • A realización da ECA2 ou sucesivas probas puntuables e/ou algún dos exames finais significará que o alumno terá unha calificación distinta da de "Non presentado".

  • A nota obtida en avaliación continua será válida tan só para o curso académico no que se realice.
  • Considérase que a materia está aprobada si a nota final é igual ou superior a 5.

Recuperación. As probas e os exames non son recuperables. É dicir, se o alumno non pode realizalos nas datas previstas, o profesor non ten obrigación de habilitar outras datas para a súa realización.

Resultados das probas. Antes da realización ou entrega de cada proba indicarase a data e procedemento de revisión das cualificacións obtidas, que serán públicas nun prazo razoable de tempo (xeralmente en menos de tres semanas desde a realización da proba).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000