Guia docente 2017_18
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Física: Campos e ondas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Proba na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O estudante debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante o desenvolvemento de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. 35 B3
C1
C3
Probas de tipo test Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 5 B3
C1
C3
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba para avaliación das competencias que inclúe preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa.
60 B3
C1
C3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación ao final do cuadrimestre.

En todas as probas de avaliación da asignatura avaliaranse as competencias CG3, CE1 e CE3. 

1. AVALIACIÓN CONTINUA.


  • O sistema de avaliación continua consistirá en: 


    • a) Unha proba de resolución de
      problemas que se realizará aproximadamente na semana 4. A puntuación
      será ECa, que poderá valer ata 0.5 puntos. 

    • b) Unha proba de tipo test
      aproximadamente na semana 8. A puntuación será ECb, que poderá valer ata 0.5 puntos. 

    • c) Unha sesión de resolución de
      problemas/cuestións sobre os temas 1, 2 e 3 que se realizará
      aproximadamente na semana 8. Se a calificación desta proba é X
      (nunha escala de 0 a 10), a puntuación efectiva desta terceira proba
      será ECc=(4-ECa-ECb)·X/10. 


  • A puntuación máxima será de 4
    puntos. A puntuación final da Evaluación Continua (EC1) obtense sumando as tres anteriores: EC1=ECa+ECb+ECc. Esta forma de cualificación fai que ao chegar á proba (c) o estudante xa ten seguros os
    puntos que obtivera  nas probas (a) e (b), pero ademáis pode sempre
    aspirar aos 4 puntos coa proba (c).  

  • Antes da realización ou entrega de cada proba indicarase a data e procedemento de revisión das cualificacións obtidas, que serán públicas nun prazo razoable de tempo.

  • As probas de avaliación continua non son recuperables, é dicir, se un alumno non pode cumprilas no prazo estipulado o profesor non ten obriga de repetirllas.

  • A cualificación obtida na proba de avaliación continua (EC1) será válida tan só para o curso académico no que se realice.

  • Entenderase que un alumno se
    acolle a este sistema se se presenta a facer calquera das probas
    "b" ou "c" de avaliación continua.

2. EVALUACIÓN DE FINAL DE CUADRIMESTRE. 


  • É imprescindible presentarse a este exame para poder aprobar a asignatura na primeira convocatoria.

  • Alumnos que non seguiron a avaliación continua: a súa nota será a do examen final completo (EF).

  • Alumnos que seguiron a avaliación continua:


    • Realizarán soamente a parte
      do examen correspondente aos temas 4 a 7 (EX2). A cualificación de
      EX2 será de 0 a 6 puntos e gardarase como nota da avaliación continua da segunda parte da asignatura (EC2) ata a convocatoria
      de recuperación de xullo (EC2 = EX2).

    • A nota final será EF = EC1 +
      EC2.

3. EXAMEN DE RECUPERACIÓN. 


  • Alumnos que non seguiron a avaliación continua: a súa nota será a do examen final completo (EF).

  • Alumnos que seguiron a avaliación continua:


    • O examen de recuperación
      estará dividido en dúas partes: EX1 (temas 1 a 3) cun valor máximo de 4
      puntos, e EX2 (temas 4 a 7) cun valor máximo de 6 puntos.

    • Os alumnos que seguiron a avaliación continua escollerán se facer: sólo EX1, sólo EX2  ou ambas
      partes. A súa nota final será: EF = max(EX1, EC1) + max(EX2, EC2).


OBSERVACIÓNS:

  • Considérase presentado a todo estudante que escolleu avaliación continua ou se presentou a calquera dos dous exames finais (o de final de cuadrimestre e o de recuperación). Se un alumno escolle avaliación continua, e non se presenta a ningún dos exames finais (final de cuadrimestre / recuperación), considerarase como presentado e será cualificado pola súa nota EC1.
  • Considerarase que a materia está aprobada se a nota final é igual ou superior a 5.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000