A continuación móstrase a planificación da materia por temas, indicando o momento estimado dos fitos de avaliación máis importantes:
- Semana 1: Itrodución de teoría + Temas 1 e 2
- Semana 2: Tema 3 | Introdución de práctica + Práctica 1
- Semana 3: Temas 3 e 4 | Práctica 2
- Semana 4: Tema 4 + Proba Teórica 1 (PT1) | Proba Práctica 1 (PP1)
- Semana 5: Tema 4 | Práctica 3
- Semana 6: Tema 5 | Práctica 4
- Semana 7: Tema 5 | Práctica 5
- Semana 8: Tema 5 + Proba Teórica 2 (PT2) | Proba Práctica 2 (PP2)
- Semana 9: Temas 5 e 6 | Práctica 6
- Semana 10: Tema 6 | Finalización de Prácticas + Proxecto (1h)
- Semana 11: Tema 6 | Proxecto (2h) + Entrega do deseño do proxecto (seudocódigo ou diagrama de fluxo)
- Semana 12: Tema 7 + Proba Teórica 3 (PT3) | Proxecto (1h) - Proba Práctica 3 (PP3)
- Semana 13: Tema 7 - Proxecto (2h)
- Semana 14: Proxecto (2h)
- Previo ao período de exames, entrega do proxecto: codificación e memoria de documentación
- Período de exames: Proba Teórica Final (PTF) | Proba Práctica Final (PPF)
Seguindo as directrices propias da titulación, ofrécese ao alumnado que curse esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación ao final do cuadrimestre.
A decisión de optar pola avaliación ao final do cuatrimestre deberá ser tomada como moi tarde a semana antes daquela na que se realiza a Proba Práctica 2 (PP2).
Para aprobar a materia seguindo o sistema de avaliación continua, é necesario cumprir dúas condicións: entregar o proxecto (deseño, codificación e documentación) realizado nas semanas 10 a 14 do curso, e obter unha nota final (NFC) igual ou superior a 5. A nota final por avaliación continua (que se calculará como a media harmónica entre a suma das probas prácticas e a suma das probas teóricas) virá dada pola seguinte expresión:
NFC = (2*NTC*NPC)/(NTC+NPC)
Onde: - Nota Teórica por Avaliación Continua: NTC = 0.1*PT1+0.1*PT2+0.2*PT3+0.6*PTF
- Nota Práctica por Avaliación Continua: NPC = 0.1*PP1+0.1*PP2+0.2*PP3+0.5*PPF+0.1*PDD
A Proba Teórica Final (PTF) é un exame que pode conter cuestións de resposta curta e/ou tipo test e/ou de resolución de problemas e/ou exercicios. Avalía o coñecemento dos contidos introducidos nas sesións maxistrais.
A Proba Práctica Final (PPF) avalía o proxecto entregado. Aínda que o proxecto desenvólvese en grupo, se evalúa de forma individual. De maneira indirecta, a PPF tamén avalía o coñecemento dos contidos introducidos nas sesións maxistrais e nas prácticas de laboratorio.
A Proba de Deseño e Documentación (PDD) avalía a calidade do seudocódigo ou diagrama de fluxo que describe o proxecto (entregado na semana 11), e a memoria de documentación do proxecto entregada antes do período de exames.
Nótese que a aplicación da media harmónica implica que non é posible aprobar a materia se algunha das notas (NPC ou NTC) é inferior a 3.3.
A avaliación continua consta das tarefas que se detallan nesta guía e non son recuperables, é dicir, se un/ha alumno/a non pode cumprilas no prazo estipulado, o profesorado non ten a obrigación de repetirllas.
Antes da realización ou entrega de cada tarefa indicarase a data e procedemento de revisión das cualificacións obtidas. O alumnado terá opción a coñecer a cualificación de cada tarefa e revisar a corrección nun prazo aproximado de dúas semanas.
Para aprobar a materia no sistema de avaliación ao final do cuadrimestre, será necesario entregar un proxecto (deseño, codificación e documentación) como o realizado polo alumnado de avaliación continua nas semanas 10 a 14 do curso, e haberá que obter unha nota final igual ou superior a 5. Esta modalidade consistirá nas mesmas probas que a de avaliación continua (aínda que con distinto peso na nota final), é dicir unha proba con cuestións de resposta curta e/ou tipo test e/ou de resolución de problemas e/ou exercicios (Proba Teórica Final, PTF) e unha proba no laboratorio que avaliará o proxecto (Proba Práctica Final, PPF). A nota final por avaliación final (que se calculará como a media harmónica entre a nota de práctica e a nota de teoría) virá dada pola seguinte expresión:
NFF = (2*NTF*NPF)/(NTF+NPF)
Onde: - Nota Teórica por Avaliación Final: NTF = PTF
- Nota Práctica por Avaliación Final: NPF = 0.9*PPF+0.1*PDD
A todo o alumnado que concorra ao exame final da materia, calcularánselle ambalas duas notas: a nota de avaliación continua (NFC) e a nota de avaliación ao final de cuadrimestre (NFF). A nota final que se lle outorgará será a maior de ambas.
A cualificación será de "Non Presentado" nos seguintes casos: - En caso de optar pola avaliación continua, só si non realiza ningunha proba logo da Proba Práctica 1 (PP1).
- En caso de optar pola avaliación ao final do cuatrimestre, só si non realiza ningunha das probas finais (PTF e PPF).
-----------------------
Nas convocatorias extraordinarias, para aprobar a materia, será necesario entregar un proxecto (deseño, codificación e documentación) como o realizado polo alumnado de avaliación continua nas semanas 10 a 14 do curso, e haberá que obter unha nota final igual ou superior a 5. Nestas convocatorias, realizarase unha proba con cuestións de resposta curta e/ou tipo test e/ou de resolución de problemas e/ou exercicios (Proba Teórica Extraordinaria, PTE) e unha proba no laboratorio que avaliará o proxecto (Proba Práctica Extraordinaria, PPE). A nota final por avaliación extraordinaria (que se calculará como a media harmónica entre a nota de práctica e a nota de teoría) virá dada pola seguinte expresión:
NFF = (2*NTF*NPF)/(NTF+NPF)
Onde: - Nota Teórica por Avaliación Extraordinaria (NTE): se o/a alumno/a preséntase á Proba Teórica Extraordinaria, NTE será a nota obtida na devandita proba:
NTE = PTE
Se non, NT será a nota de teoría obtida na avaliación ordinaria.
- Nota Práctica por Avaliación Extraordinaria (NPE): se o/a alumno/a preséntase á Proba Práctica Extraordinaria, NPE será a suma ponderada da nota obtida na devandita proba e a nota obtida na proba de deseño e documentación:
NPE = 0.9*PPE+0.1*PDD
Se non, NP será a nota de prácticas obtida na avaliación ordinaria.
-----------------------
En todas as convocatorias, en calquera das modalidades de cálculo da nota, no caso de incumprir a condición necesaria de presentar o proxecto, a nota final (calculada segundo a correspondente fórmula) estará coutada superiormente a un máximo de 4.5 puntos.
-----------------------
A cualificación obtida en calquera das tarefas evaluables será válida tan só para o curso académico no que se realicen, é dicir, non se garda ningunha nota dun curso para o seguinte.
-----------------------
En caso de detección de plaxio nalgún dos traballos/probas realizadas a cualificación será de suspenso (0) e o profesorado comunicará á dirección da escola o asunto para que tome as medidas que considere oportunas.
-----------------------
|