Guia docente 2017_18
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Comunicación de datos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Dous exames parciais. En cada un deles avaliaranse todas as competencias correspondentes á parte do temario que se viu en clase ata a data do exame. 70 B3
B4
C11
C17
C18
C20
D2
D3
Probas de resposta curta Realizaranse con periodicidade aproximadamente quincenal durante as sesións de clase de tipo B. 30 B3
C17
C18
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Realizarase unha avaliación continua da aprendizaxe, que consistirá na realización de dous tipos de probas: por unha banda, unha serie de probas curtas, de periodicidade aproximadamente quincenal, para avaliar o traballo continuado do alumno, que se realizarán durante as clases de grupo B; por outro, dous exames parciais, o primeiro deles cara á metade do cuadrimestre e o segundo ao final do mesmo. Estas probas non serán recuperables e só fornecen efectos no curso actual.

A cualificación da avaliación continua obterase como a media ponderada de todas as probas mencionadas: un 30% do conxunto de todas as probas curtas (todas elas coa mesma ponderación) e un 35% de cada un dos exames parciais, sempre que a nota media dos exames parciais non sexa inferior a 3,5. En caso contrario, a cualificación da avaliación continua será a nota media dos exames parciais.

Todos os alumnos que non alcanzasen polo menos unha cualificación de 5 na avaliación continua (incluídos os alumnos que non se someteron á devandita avaliación) poderán facer un exame final da materia, que versará sobre TODOS os contidos da mesma e que se realizará no período de exames fixado polo Centro. A cualificación final da materia será, neste caso, a nota obtida no devandito exame.

Consideraranse presentados á convocatoria todos os alumnos que se sometan a avaliación continua ou se presenten ao exame final. Consideranse, á súa vez, sometidos a evaluación continua os alumnos que se presentan o segundo examen parcial.

Quen non supere a materia na primeira oportunidade da convocatoria dispón dunha segunda oportunidade consistente na realización dun nov exame final.

En caso de detección de plaxio en calquera das probas (probas curtas, exames parciais ou exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000