Guia docente 2017_18
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Transmisión electromagnética
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Probas curtas (ver outros comentarios) 25 B4
B5
C8
C20
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas na que o alumnado debe solucionar unha serie de problemas nun tempo e condicións establecidos polo profesorado, aplicando os coñecementos que adquiriu. 40 B3
B4
C9
C13
Probas de tipo test Proba que inclúe preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta. Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 35 B3
C9
C13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Seguindo
as directrices propias da titulación ofrecerase aos alumnos que cursen
esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación ao final
do cuadrimestre.

Avaliación continua

A avaliación continua comprende
as seguintes tarefas que se realizarán, aproximadamente, na semana que se indica:.

  • Traballos de aula: catro probas curtas realizadas en horario de prácticas
    (semanas 4, 9, 12 e 14) cun peso de 5%, 5%, 5% e 10%,
    respectivamente.
  • Probas de tipo test: dúas probas. A primeira a metade de cuadrimestre,
    cun peso do 25% e a segunda ao final, cun peso do 10%.
  • Resolución de problemas: dúas probas. A primeira a metade de cuadrimestre,
    cun peso do 20% e a segunda ao final, cun peso do 20%.

Estas tarefas
non son recuperables, é dicir,
se un alumno non pode cumprilas no prazo estipulado o profesor non
ten obrigación de repetirllas e
serán válidas para o curso académico no que se realicen
.

Para superar a materia mediante
este sistema de avaliación é imprescindible obter 1/3 da cualificación
máxima de cada un dos tres apartados e alcanzar polo menos o 50% na
cualificación final (suma dos tres bloques).

O estudante deberá decidir se
opta pola avaliación continua no momento da entrega da primeira proba
de resolución de problemas; nese caso recibirá a cualificación que lle
corresponda ao sumar o tres apartados, independentemente de que se presente
ao resto de probas ou non. Non presentarse a esta proba implica que se opta pola
avaliación mediante exame final. Se, unha vez completada a avaliación
continua, alcánzase unha nota superior ao 50% na cualificación final pero non
se superou o 1/3 mínimo requirido nalgún dos bloques, a
cualificación oficial será de 4,5.

Avaliación mediante exame
final

Ademais do sistema de avaliación
continua descrito anteriormente, o alumno pode optar por realizar un único
exame final que terá tres partes:

  • Primeira parte: cuestionario sobre as prácticas de medidas (10%) e exercicio
    de procura de información (5%).
  • Segunda parte: proba de cuestións (35%).
  • Terceira parte: resolución de problemas (50%).

Segunda oportunidade

Consistirán nun exame final con tres
partes como as descritas no apartado anterior.

Os estudantes que optaron polo
sistema de avaliación continua poderán conservar a nota dos apartados (traballos
de aula, test ou problemas) nos que superasen o mínimo esixido.

Para superar a materia é
necesario obter en calquera dos sistemas de avaliación e convocatorias,
polo menos, un 50% na cualificación total.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000