Guia docente 2017_18
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Redes de ordenadores
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición das ideas, conceptos, técnicas e algoritmos de cada unha das unidades temáticas do curso. Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CT2, CT3, CG3, CG4, CE11, CE17, CE18 e CE19.
Resolución de problemas Resolución por parte dos alumnos de problemas e exercicios dalgunhas das leccións maxistrais, e resolución por parte do profesorado na aula. Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CG3, CG4, CE11, CE17, CE18 e CE19.
Prácticas autónomas a través de TIC Trátase de desenvolver un programa de rede de xeito individual. Haberá varias sesións presenciais para titoría co profesor e desenvolvemento, proba e depuración do programa no laboratorio onde este será probado e avaliado. Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CG1, CG6, CG9, CE11, CE17 e CE19.
Metodoloxías integradas Participación en actividades online que se irán propoñendo ao longo do curso. Trátase de pequenas tarefas a realizar antes ou despois das clases prácticas, e tamén se farán tests de autoavaliación. Tamén se inclúe a entrega dun pequeno programa de rede realizado por parellas, como entrenamento para a entrega do programa final.
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CG4, CG6, CG9, CE17, CE18, CE19, CT2, CT3, CT4
Prácticas en aulas informáticas Prácticas presencias nos ordenadores da aula informática, guiadas polo profesor. Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CG1, CG9, CE17 e CE19.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000