Guia docente 2017_18
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Circuítos electrónicos programables
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Avaliarase o correcto funcionamento dos circuítos e programas realizados nas
sesións de prácticas correspondentes ao tema 5 de laboratorio de acordo aos
criterios de valoración.
Será necesario ensinar ao profesor no laboratorio o funcionamento de cada un dos
circuítos e programas.

Con esta metodoloxía avalianse as competencias CG3, CG4, CG13, CE7/TE2, CE8/T3, CE14/T9, CE15/T10, CT2 e CT3.
10 B3
B4
B13
C7
C8
C14
C15
D2
D3
Traballo tutelado Traballo autónomo de deseño dun periférico complexo. O periférico debe estar formado por unha unidade de control e unha unidade operativa e debe estar diseñado de acordo o método estudiado no tema 9 de teoría da asignatura

O contido correspóndese co tema 6 de laboratorio.

Avaliarase o correcto funcionamento dos circuitos e programas nas sesións de prácticas correspondentes ó tema 6 de laboratorio e a correcta aplicación dos conceptos teóricos ao traballo realizado,
de acordo aos criterios de valoración.

Será necesario ensinar ó profesor no laboratorio o funcionamento de cada un dos circuitos e programas.

Con esta metodoloxía avalianse as competencias CG3, CG4, CG13, CE7/TE2, CE8/T3, CE14/T9, CE15/T10, CT2 e CT3.
20 B3
B4
B13
C7
C8
C14
C15
D2
D3
Traballo tutelado Traballo autónomo de deseño dun sistema encaixado de complexidade media. O sistema encaixado debe estar formado polo microprocesador e os seus periféricos. Ademáis, debe incluir os circuitos auxiliares necesarios para o seu funcionamento. Tamén é necesario realizar o programa do microprocesador en linguaxe ensamblador.

O contido correspóndese co tema 7 de laboratorio.

Avaliarase o correcto funcionamento dos circuitos e programas nas sesións de prácticas correspondentes ó tema 7 de laboratorio e a correcta aplicación dos conceptos teóricos ao traballo realizado,
de acordo aos criterios de valoración.

Será necesario ensinar ó profesor no laboratorio o funcionamento de cada un dos circuitos e programas.

Con esta metodoloxía avalianse as competencias CG3, CG4, CG13, CE7/TE2, CE8/T3, CE14/T9, CE15/T10, CT2 e CT3.
20 B3
B4
B13
C7
C8
C14
C15
D2
D3
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Este exame incluirá dous tipos de cuestións:

1) Tipo test de resposta múltiple con preguntas sobre os temas de teoría.

2) Problemas de desenho de circuitos e programas e explicación do traballo realizado.

Con esta metodoloxía avalianse as competencias CG3, CE14/T9 e CE15/T10.
25 B3
C14
C15
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame de solventar tarefas e problemas de desenho de circuitos e programas e explicación do traballo realizado.
Con esta metodoloxía avalianse as competencias CG3, CG4, CE14/T9 e CE15/T10.
25 B3
B4
C14
C15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A cualificación final expresarase de forma numérica entre 0 e 10, segundo a lexislación vixente (Real Decreto 1125/2003 de5 de Setembro; BOE 18 de setembro).

Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación:avaliación continua e avaliación final.

AVALIACIÓN CONTINUA:

Os alumnos deben escoller ao principio do cuadrimestre se optan pola avaliación continua ou pola avaliación final.

A asistencia a clase de laboratorio é obrigatoria na avaliación continua.

Se se opta pola avaliación continua, pódese faltar como máximo a 2 sesións de prácticas.

A asistencia a clase teórica considérase primordial para poder acadalo éxito na avaliación continua.

O só feito de non asistir a clases teóricas non suporá a perda do dereito de avaliación continua, pero se o alumno non asiste a clases teóricas debe estudar os conceptos teóricos e preparar as prácticas de laboratorio pola súa conta.

Aos alumnos en avaliación continua que ademais asistan regularmente a clases de teoría (máximo 2 faltas), daránselles as seguintes vantaxes adicionais:

· Se non aproban a primeira proba parcial teórica, daráselles a oportunidade de recuperala na convocatoria final do cuadrimestre.

· Se non aproban a materia mediante esta modalidade, conservaránselles as notas das partes da materia (primeiro parcial, segundo parcial, laboratorio) nas que sacasen o mínimo esixido ata a avaliación extraordinaria de Xullo.

Os alumnos que aproben a materia mediante avaliación continua non poderán repetir de novo na avaliación final ningunha tarefa co obxectivo de subir a nota.

Os alumnos realizarán as prácticas e os traballos en grupos de dous alumnos durante a avaliación continua, sempre que sexa posible. Os dous estudantes recibirán a mesma nota se ambos asisten ás sesións presenciais e demostran traballar conxuntamente na realización das prácticas e traballos.

A nota da materia será a suma das notas correspondentes ás distintas tarefas da materia.

Para poder aprobar a materia, é necesario que:

· A nota de cada un dos exames teóricos sexa maior ou igual que 4 sobre 10.

· A nota conxunta de laboratorio sexa maior ou igual que 4 sobre 10.

· Alcanzalos mínimos esixidos nos criterios de valoración nos dous traballos tutelados.

· A nota global da asignatura sexa maior ou igual que 5 sobre 10.

As distintas tarefas deben entregarse na data especificada polo profesor. Se non é así, non serán cualificadas.

No caso de superar as distintas probas,a cualificación final (NF) será a suma ponderada das notas de cada proba:

NF = 0’25 * ET1 + 0’25 * ET2 + 0’10 * PL +0’20 * TT1 + 0’20 * TT2

No caso de non superar todas as probas (notados exames < 4, nota conxunta de laboratorio < 4 ou non alcanzar os mínimos esixidos nos traballos tutelados), a cualificación final (NF) será:

NF = mínimo [4’5; (0’25 * ET1 + 0’25 * ET2 +0’10 * PL + 0’20 * TT1 + 0’20 * TT2) ]

sendo:

ET1 = Primeiro exame parcial de teoría.

ET2 = Segundo exame parcial de teoría.

PL = Nota das prácticas de laboratorio correspondentes ao tema 5.

TT1 = Traballo Tutelado práctico que consiste no deseño dun periférico complexo.

TT2 = Traballo Tutelado práctico que consiste no deseño dun sistema encaixado de complexidade media.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN.

Exames teóricos.

O primeiro exame teórico realizarase ao redor da semana 8 de clases no lugar e datas que determine a Escola. Incluirá problemas prácticos e preguntas de tipo test sobre os temas 1 a8 de teoría (salvo o apartado de particionado hardware/software do tema 8).

O segundo exame teórico realizarase xunto co exame final do cuadrimestre no lugar e datas que determine a Escola. Incluirá problemas prácticos sobre todos os temas que se estudaron na materia, pero fundamentalmente o apartado de particionado hardware/software do tema 8 e os temas 9 ao 11.

Para obter a máxima nota deberán contestarse correctamente todas as preguntas do exame.

Realización de prácticas de laboratorio guiadas (só para avaliación continua).

Só se avaliará o correcto funcionamento doscircuítos e programas realizados nas sesións de prácticas correspondentes ao tema 5 de laboratorio, de acordo aos criterios de avaliación.

A nota total das prácticas avaliables delaboratorio (PL) corresponde a un 10% da nota total da materia. Será necesario entregar os ficheiros que se indican nos enunciados de prácticas.

Traballos tutelados de laboratorio (só para avaliación continua).

Traballo 1. Periférico complexo. Deseño dun periférico para o microprocesador utilizado na materia. O periférico debe estar formado por unha unidade de control e unha unidade operativa, de acordo ao método estudado no tema 9 de teoría da materia.

Traballo 2. Sistema encaixado. Deseño dun sistema encaixado baseado no microprocesador estudado na teoría da materia.Este sistema encaixado debe incluír o periférico complexo realizado no traballo 1.

Os criterios de valoración, tanto das prácticas de laboratorio guiadas (tema 5 de laboratorio) como dos traballos tutelados (temas 6 e 7 de laboratorio) son os seguintes. Todos os apartados deben funcionar perfectamente para obter a máxima nota. Valorarase a adición de funcionalidade adicional á mínima requirida no enunciado do traballo.

1) Funcionalidade. (50 %)

Demostrable mediante:

- Simulacións funcionais básicas (sen retardos reais) (10 %):

• Simulación do “software” (só nos sistemas encaixados).

• Simulación funcional (“behavioural”) dos diferentes circuítos “hardware”.

• Simulación funcional (“behavioural”) do sistema encaixado completo (“hardware” + “software”) (só nos sistemas encaixados).

- Simulacións temporais (con retardos reais)(20 %)

• Simulación temporal (“Post-route”) dos diferentes circuítos “hardware”.

• Simulación temporal (“Post-route”) do sistema encaixado completo (“hardware” + “software”) (só nos sistemas encaixados).

· Probas na placa de desenvolvemento. (20%)

• Proba en placa dos diferentes circuítos “hardware”.

• Proba en placa do periférico complexo.

• Proba en placa do sistema encaixado completo (“hardware” + “software”) (só nos sistemas encaixados).

2) Corrección do deseño. (20%)

Demostrable mediante:

· Repartición adecuada de tarefas entre “hardware” e “software" “) (só nos sistemas encaixados).

· Repartición adecuada de tarefas entre unidade de control e unidade operativa (só en periférico complexo).

· Utilización dos circuítos “hardware” máis adecuados para realizar cada tarefa.

· Organización xerárquica adecuada do “hardware”.

· Aplicación das técnicas de deseño síncrono.

· Optimización da descrición en VHDL.

· Estrutura adecuada do programa en ensamblador, coa inclusión das subrutinas necesarias”) (só nos sistemas encaixados).

· Utilización de interrupcións do microprocesador cando resulte adecuado”) (só nos sistemas encaixados).

3) Análise da implementación con FPGAs. (10%)

Débense analizar os recursos lóxicos da FPGA utilizados e razoar a súa necesidade. Analizar de forma razoada os retardos internos do sistema implementado.

4) Documentación do deseño e a implementacióncon FPGAs. (20 %)

a. Memoria. Será necesario entregar unha memoria explicativa dun máximo de 10 páxinas por cada un dos temas 5 a 7 do laboratorio, que deberán seguir o índice fornecido polo profesor. Na memoria valoraranse:

· Estrutura clara e ordenada.

· Explicacións claras e suficientes para a comprensión do traballo realizado.

· Inclusión de figuras adecuadas e legibles, incluídos resultados de simulación.

· Inclusión de datos relevantes para a comprensión do traballo realizado.

b. Ficheiros fonte de deseño. Será necesario entregar os ficheiros fonte utilizados polos alumnos. Neles valoraranse:

· Comentarios suficientes nos ficheiros VHDL para a súa comprensión.

· Comentarios suficientes nos ficheiros ensamblador para a súa comprensión (só nos sistemas encaixados).

AVALIACIÓN FINAL:

Os alumnos que opten pola avaliación final (xa sexa ao final do cuadrimestre como na convocatoria de Xullo) deberán realizar un exame teórico que consta de dúas partes e un exame de laboratorio individualmente.

Para poder realizar o exame do laboratorio,será necesario anotarse previamente, nas datas que se comuniquen aos alumnos a través da plataforma FaiTIC.

Os alumnos que opten pola avaliación finalnon poderán realizar os exames parciais nin solicitar a avaliación das prácticas nin dos traballos tutelados durante o cuadrimestre.

A nota da materia será a suma das notas correspondentes ás distintas tarefas da materia.

Para poder aprobar a materia, é necesario que:

· A nota de cada un dos exames teóricos sexa maior ou igual que 4 sobre 10.

· A nota do exame de laboratorio sexa maior ou igual que 4 sobre 10.

· A nota global da materia sexa maior ou igual que 5 sobre 10.

En caso de superar as distintas probas, a cualificación final (NF) será a suma ponderada das notas de cada proba:

NF = 0’25 * ET1 + 0’25 * ET2 + 0’50 * EL

En caso de non superar todas as probas (nota dalgún exame < 4), a cualificación final (NF) será:

NF = mínimo [4’5; (0’25 * ET1 + 0’25 * ET2 +0’50 * EL) ]

sendo:

ET1 = Primeiro exame parcial de teoría.

ET2 = Segundo exame parcial de teoría.

EL = Exame de laboratorio.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN.

Exames teóricos.

A primeira parte do exame teórico incluirá problemas prácticos e preguntas de tipo test sobre os temas 1 a 8 de teoría (salvo o apartado de particionado hardware/software).

A segunda parte do exame teórico incluirá problemas prácticos sobre todos os temas que se estudaron na materia, pero fundamentalmente o apartado de particionado hardware/software do tema 8 e os temas 9 ao 11.

Para obter a máxima nota deberán contestarse correctamente todas as preguntas do exame.

Exame de laboratorio (só para convocatorias finais).

O exame consistirá no deseño de circuítos en VHDL e programas en ensamblador do microprocesador utilizado na materia. Estes circuítos e programas poderán formar parte dun periférico complexo ou dun sistema encaixado e terán unha complexidade similar aos deseñados nos temas 5, 6 e 7 de laboratorio da materia. O alumno deberá realizar as simulacións e probas na placa dedesenvolvemento estipuladas no enunciado do exame no tempo asignado.

Avaliarase o correcto funcionamento dos circuítos e programas realizados durante o exame e a correcta aplicación dos conceptos teóricos ao traballo realizado, de acordo aos criterios devaloración.

Será necesario ensinar ao profesor no laboratorio o funcionamento de cada un dos circuítos e programas.

Todos os apartados deben funcionar perfectamente paraobter a máxima nota.

Tanto en avaliación continua como en avaliación final, en caso de detección de copia nos exames ou plaxio dalgún traballo, a cualificación será "suspenso (0)" e comunicarase á dirección da Escola para que tome as medidas oportunas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000