Guia docente 2017_18
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Enxeñaría de equipos electrónicos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Avaliaranse os entregables dos problemas e exercicios propostos.
40 B1
B2
B6
C41
C47
Traballo tutelado Avaliaranse os contidos (Métodoloxía de desenvolvemento, conclusións
obtidas, exposición de resultados, capacidade de traballo en equipo,
capacidade de traballo en equipo multidisciplinar) no traballo en colaboración coa empresa. Tamén se terá en conta a opinión do titor na empresa. No traballo en colaboración con AENOR valorarase a calidade do traballo realizado e a capacidade de traballo en equipo.
Nos traballos en grupo a nota do traballo será a mesma para todolos integrantes do grupo.
60 B6
B8
B9
C41
C47
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os entregables correspondentes aos exercicios e problemas están previstos,
de forma orientativa, para as semanas 2, 4, 6, 8 e 10.



Seguindo as directrices propias da titulación e os acordos da
comisión académica, ofrécese aos alumnos a opción de avaliación continua ou
facer o exame final na data establecida polo centro.



Os alumnos que elixan avaliación continua deberano comunicar ao profesor
durante as dúas primeiras semanas de clase. A avaliación continua supón:

a) Que
os alumnos realicen os problemas e exercicios propostos polo profesor e entréguenos
en tempo e forma. Valoración máxima 4 puntos. (40% da nota final).
Deberase obter unha nota mínima de 2 puntos. Estas tarefas non serán recuperables posteriormente. 

b) Que os alumnos realicen dous traballos en grupo. Un deles
en colaboración con AENOR e alumnos da Facultade de Filoloxía e Tradución, e
outro en colaboración cunha empresa da contorna. O traballo en colaboración
coa empresa, a que irán os alumnos cando sexa necesario, realizarase nos meses de Febreiro, Marzo, Abril e Maio. Valoración
máxima 6 puntos (60% da nota final).  Deberase obter unha nota mínima de 3 puntos.

Os alumnos que non superen algún dos dous mínimos esixidos, a cualificación será o valor menor entre a nota media das dúas partes e 4,5.

Nos traballos en grupo, a puntuación do traballo será a mesma para todos os compoñentes do grupo.


A avaliación mediante exame final tanto a final de cuadrimestre como no
extraordinario (Xuño-Xullo), supón:



a) Que os alumnos realicen e entreguen o día do exame, os exercicios e
problemas propostos na materia, aos que se refire o apartado a) do
parágrafo anterior. Valoración máxima 4 puntos (40% da nota final). Deberase
obter unha nota mínima de 2 puntos.

b) Que os alumnos realicen un exame de 2h
con preguntas e problemas correspondentes tanto á parte teórica como de laboratorio.
Valoración máxima de 6 puntos (60% da nota final). Deberase
obter unha nota mínima de 3 puntos.

Os alumnos que no exame final non superen algún dos dous mínimos esixidos, a cualificación será o valor menor entre a nota media das dúas partes e 4,5.



Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000