Guia docente 2017_18
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Arquitectura e tecnoloxía de redes
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Serán cualificadas como apto/non apto. O alumno será apto se asiste a todas as sesións deste tipo. Se por algún motivo perdese algunha, deberá suplila realizando algunha práctica complementaria que o profesor definirá no seu momento. 0
Traballo tutelado O proxecto en grupo de carácter práctico en que se verá envolto o alumno determinará unha das notas, T, da nosa avaliación continua. O valor da nota (entre 0-10) dependerá da corrección da solución presentada polo grupo, da presentación/informe que a acompañe, da maior ou menor implicación do alumno no traballo desenvolvido, a das respostas a unha entrevista con cada membro do grupo que servirá para individuali-la nota acadada. 50 B1
B4
B6
C32
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realizaranse dous exames escritos: un á metade do cuadrimestre (Ep), e unha proba final (Ef). Ambas probas son de carácter teórico e avalíanse individualmente sobre un máximo de 10 puntos. Entre ambas, acádase o 37,5% da nota definitiva e esixiráselle ó alumno cando menos 3/10 no examen final para poder supera-la materia. 37.5 C30
C32
Probas de resposta curta Con certa periodicidade, e dentro das sesións maxistrais, poderanse incorporar preguntas breves —de carácter teórico— avaliables (Es). Ditas preguntas, xunto coa proba de resposta longa intermedia (Ep), compoñen a parte de teoría complementaria á do exame final Ef. 12.5 C30
C32
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación da materia poderá seguir a canle de avaliación continua ou ben exame final. Un alumno elixiría avaliación continua se se presenta ó exame escrito (Ep) que terá lugar á metade do cuadrimestre. As porcentaxes expresadas no epígrafe anterior só reflicten o máximo alcanzable en cada tipo de proba na modalidade de avaliación continua; e son só indicativos. A forma de avaliación detallada exprésase a continuación:

Para a avaliación continua, a nota final será a media xeométrica entre a nota do traballo tutelado (T) e a cualificación correspondente ó conxunto de probas de resposta (Y). A nota Y calcúlase como a media aritmética entre a nota do exame final (Ef) e a correspondente ó resto das probas de resposta feitas ó longo do curso (Ec); onde Ec se calcula como a media aritmética entre a nota do exame parcial (Ep) e o media das notas de resposta curta (Es). Para poder supera-la materia, o alumno debe obter polo menos 3 puntos sobre 10 no valor Ef e asistir a tódalas sesións prácticas do laboratorio (a non ser que medien causas xustificadas). En caso de que isto non se cumpra, a nota será o mínimo entre a nota do exame final e 3.

Ec = ½Ep + ½ media(Es)

Y=½×(Ef + Ec)

NOTA FINAL= (T×Y)^½

Os alumnos que non opten por realizar a avaliación continua deberán presentarse a un exame final que constará de tres partes: unha proba teórica análoga á proba final da avaliación continua (Ef), unha proba de aptitude no laboratorio e un traballo práctico individual (T). A nota final, neste caso, é a media xeométrica entre a proba teórica e o traballo práctico, coa condición de que se supere a proba de aptitude. Se o alumno non acada un 3 no Ef ou non supera a probar de aptitude, a nota final será o mínimo entre a nota do exame final e 3.

Finalmente, a proba extraordinaria de xullo terá as mesmas características que o exame final que acabamos de describir, coa excepción de que os alumnos poderán herdar a nota dunha das partes (Ef ou T) se esta foi superada. A proba de aptitude só será necesaria si non asistiron a tódalas sesións de laboratorio.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000