Guia docente 2017_18
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Seguridade
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Proba de grupo na que o profesor valorará a practíca de laboratorio, revisando o seu funcionamento cos integrantes do grupo presentes. Esta proba realizarase na semana do 9 ao 13 de Xaneiro. Todos os integrantes do grupo deben estar presentes no momento da presentación.
Realizarase unha entrevista de autoría da que se determinará o nivel de participación de cada alumno e da que, xunto co correcto funcionamento, se deducirá a nota individual.
25 B6
C28
D3
Traballos e proxectos Proba de grupo. Valoración do proxecto ou traballo tutelado realizado polo grupo (tipo C). O grupo fara unha demostración ao profesor do proxecto ou traballo realizado e resultados obtidos. Esta proba realizárase na semana do 9 ao 13 de Xaneiro. Todos os integrantes do grupo deberan estar presentes no momento da presentación.
Realizárase unha entrevista de autoría da que se determinará o nivel de participación de cada alumno no proxecto e da que, xunto co correcto funcionamento, se deducirá a nota individual.
25 B4
B6
C28
D2
D3
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame final da materia. Este exame consta dun conxunto de exercicios/cuestions sobre os contidos dados no curso a partir da semana 7, o de todo o curso para aqueles alumnos que non superen a nota mínima no examen parcial.
25 B3
B4
C28
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame parcial da materia, obrigatorio para os alumnos que vaian por EC.
Este exame constase dun conxunto de exercicios/cuestions sobre os contidos dados ata (inclusive) a semana 6 do curso teórico.
25 B3
B4
C28
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

  • ELECCION DE AVALIACIÓN CONTINUA.
Por defecto considerarase que o alumno vai por avaliación continua (EC). Se un alumno desexa ir por non continua (ET) deberá comunicalo ao profesor antes da semana 4 do curso académico. A comunicación sera por correo electrónico.

  • PRIMEIRA CONVOCATORIA.

Avaliación continua. A avaliación continua estará formada por:

  1. Traballo de laboratorio B, representando un 25% da nota. Este traballo debera ser entregado via Faitic antes do dia 8 de Xaneiro.
  2. Proxecto C, representando un 25% da nota. Este proxecto debera ser entregado via Faitic antes do dia 8 de Xaneiro.
  3. Exame parcial dos contidos dados ata a 6 semana inclusive, representando o 25% da nota. Este exame promediara co exame final se o alumno saca un mínimo de 1/3 do total da nota. Se o alumno saca unha nota inferior a esta deberá volver a avaliarse desta parte no exame final. Este exame realizáse na semana 7 do curso académico.
  4. Exame final, na data acordada en Xunta de Escola. Habra dous casos:
  • Alumnos que haxan superado a nota mínima do exame parcial. Neste exame entrarán os temas dados desde a 7 semana ata o final. Representará un 25% da nota total. Para poder superar a materia o alumno deberá obter neste exame unha nota minima de 3,33 puntos sobre 10.
  • Alumnos que non haxan superado a nota mínima do exame parcial. Neste
    exame entrarán todos os temas dados no curso teórico.
    Representará un 50% da nota total. Para poder superar a materia
    o alumno deberá obter neste exame unha nota mínima de 3,33 puntos
    sobre 10.

Avaliación non continua. Os alumnos que non elixan avaliación continua  faran un exame final polo 80% da nota, xunto con as prácticas de laboratorio que completa o outro 20%. Sera necesario sacar un  mínimo de 1/3 do exame teórico para poder superar a materia.

O exame final será o mesmo para todos os alumnos, tantos para os que opten por avaliación continua como para os que non.

  • CONVOCATORIA DE XULLO
Para os alumnos que optasen na primeira convocatoria por avaliación non continua, realizarase un exame final cun valor do 80%, xunto co laboratorio que representará o 20%.  Se garda a nota do laboratorio da primeira convocatoria.

Os alumnos que optasen durante o cuadrimestre por EC, poderán seguir optando en xullo por EC ou ben cambiar a só avaliación final. Os alumnos que así o fagan deberán comunicalo explicitamente ao profesor por correo electrónico: 
  • No primeiro caso, é dicir de que sigan por EC en xullo, se garda, da primeira convocatoria, as notas do exame parcial e final (sempre que superasen a nota mínima) de práctica  de laboratorio e do proxecto tutelado. Deberan presentarse ao exame final da convocatoria todos os alumnos que non superasen a nota mínima teórica da primeira convocatoria.
  • No segundo caso,  é dicir de que se cambie de EC a ET (no continua) en xullo, realizarase un exame final polo 80% da nota e as prácticas de laboratorio polo 20%. Mantendrase a nota do laboratorio obtida na primeira convocatoria, axeitadamente porcentuada.
  • OUTRAS OBSERVACIÓNS.
    • Nota mínima en teoría. Óptese ou non por EC e independentemente da convocatoria, será obrigatorio sacar un mínimo de 1/3 da nota máxima  (3,33  puntos sobre 10 para EC e 3,75 sobre 10 para ET) no exame teórico, para poder aprobar a materia.
    • Considerarase a un alumno/a como "non presentado" se non seguiu a avaliación continua e non se presentou ao exame final. Igualmente, se o alumno/a seguiu a avaliación continua (EC) e non se presentou o examen de ningunha das partes A,B y C , considerarase a un alumno/a como "non presentado".
    • As cualificacións obtidas en as prácticas de laboratorio e proxecto en grupo soamente  serán válidan durante o curso académico en que se realicen.
    •  Se a nota total é igual ou superior a 5 pero non se acadou a nota mínima nalgunha, a nota final será 4.5 puntos (suspenso).


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000