Guia docente 2017_18
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Redes e sistemas sen fíos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta Os contidos teóricos da asignatura que non se adapten a sua avaliación mediante exercicios numéricos, prácticas de laboratorio ou traballos dirixidos (clases tipo C) avaliaranse mediante unha proba con preguntas curtas a realizar no día do examen final. Poderá fixarse unha nota mínima de 4 sobre 10 para esta proba. 25 C21
C22
C25
D2
Informe de prácticas Cada práctica de laboratorio será realizada en parellas. A
avaliación será meditande (1) a presentación de memorias
individivuales onde se describan diferentes probas utilizando os
programas desenvolvidos incluíndo as conclusións ás que se chegou.
(2) A segunda parte da avaliación realizarase no exame final mediante unha proba específica. Os pesos destes
dous mecanismos serán 1/3 e 2/3, respectivamente.
25 C21
C22
C25
D2
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizarase unha proba o día do examen final consistente na resolución de diversos exercicios numéricos curtos. Poderá fixarse unha nota mínima de 4 sobre 10 para esta proba. 25 B2
C21
C22
C25
Traballos e proxectos Avaliaranse os traballos de grupo pequeno (tipo C) mediante a realización dun informe individual de cada alumno. Unha
vez realizado o traballo en grupo (por exemplo un programa), cada
alumno levará a cabo as súas propias probas e ensaios para asimilar
os conceptos tratados que, despois, serán inlcuidos nun informe individual.
25 B4
B7
C21
C22
C25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación das competencias pertencentes a esta materia realizarase na medida do posible en todalas probas: de resposta curta, relatorios/memorias de prácticas, resolución de problemas, e traballos e proxectos

Para aqueles que opten polo examen final (alternativa a avaliación continua), éste tenrá un valor do 100% da nota final e cubrirá todolos aspectos tratados nas clases maxistrales, de resolución de problemas, traballos en grupo e practicas de laboratorio.

Encima indicase o procedento de avaliación continua. A cualificación repartirase a partes iguais entre

- unha proba de teoría a base de preguntas curtas (25%) a realizar no día do examen final,

- unha proba de exercicios numéricos curtos (25%) a realizar no día do examen final,

- a realizacián das prácticas de laboratorio, a presentación das súas memorias individuais correspondentes e unha proba
sobre as prácticas a realizar no exame final (25%), e

- a realización dun traballo en grupo, memoria e a correspondente presentación do mesmo (25%)

No caso de establecerse unha nota mínima nalgunha das partes que compoñen a avaliación e esta non fose superada, a nota final estará limitada pola dita nota mínima como máximo.

A cualificación obtida nas prácticas de laboratorio e traballos en grupo serán válidas tan só para o curso académico no que se realizaren.

Os alumnos que optaren pola avaliación continua deberán comunicalo o profesor durante as primeras semanas de curso. O alumno que optar pola avaliación continua deberá realizar todalas diferentes actividades: practicas de laboratorio e traballo en grupo, así como realizar todalas probas de avaliación das que consta o procedimiento de avaliación continua. Os alumnos que non seguiren o anterior so poderán ser avaliados mediante o examen final.

Considerarase un alumno como "non presentado" se non seguíu a avaliación continua e non se presentou o examen final.

Para a convocatoria de recuperación (xullo), conservaranse as cualificacións das prácticas de laboratorio e traballo en grupo dos estudiantes que teñan elexido a avaliación continua, tendose que examinar so das partes de teoría (proba de preguntas curtas) e de problemas (proba de exercicios numéricos curtos) e aparte de cuestións sobre as prácticas de laboratorio.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000