Guia docente 2017_18
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Xestión do espectro radioeléctrico
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Realización de medidas sobre un panel de distribución de sinal de TV. Esta práctica realízase en grupo e a cualificación de cada alumno será a do grupo.
2.5 C21
C25
Traballo tutelado Realización de traballos tutelados sobre temas relacionados coa xestión do espectro que serán expostos en clase. Avaliaranse de modo individual en función da exposición realizada por cada alumno. 15 B9
D4
Prácticas en aulas informáticas Cálculos de cobertura dunha estación de AM. Esta práctica realízase en grupo e avaliarase individualmente pola asistencia, o desempeño durante a realización e mediante a memoria da práctica entregada polo grupo. 5 B6
B9
C21
C25
D4
Saídas de estudo/prácticas de campo Manexo básico dun analizador de espectro. Medida do ancho de banda dun sinal FM. Medida de sinais TDT. Avaliaranse mediante proba individual ao finalizar a práctica.

Instalación dunha antena parabólica. Medidas fase 1 e fase 2. Estas prácticas realízanse en grupo e a cualificación de cada alumno será a do grupo.
27.5 B5
B7
B9
C21
C25
D4
Outros Exames escritos dos contidos da materia. Avaliación individual.
50 B6
B7
B8
C21
C25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1) Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación na convocatoria ordinaria: avaliación continua e avaliación final. Os alumnos deberán optar por unha das dúas opcións de avaliación. A entrega ou a particpación en calquera das probas de avaliación contínua significa que se opta por este tipo de avaliación. A asistencia ás prácticas é obrigatoria se opta pola avaliación contínua.



a) Avaliación continua. A avaliación continua realizarase en base ó desempeño na realización das prácticas, á
memoria da práctica de ordenador e probas realizadas nas outras sete prácticas. Tamén se avaliará
o traballo tutelado mediante a presentación do mesmo na aula. Haberá dous exames parciais escritos da parte de teoría, un no medio do cuadrimestre e outro ó rematar as clases de teoría. Estas tarefas non son recuperables e só son válidas para o curso
actual.

b)Avaliación final. Os alumnos que non opten por avaliación continua realizarán un exame da parte teórica (50%) e outro exame da parte práctica (50%)  na data oficial de exame acordada pola Escola.

2) Convocatoria estraodinaria (xullo). Os alumnos que optasen previamente por avaliación continua
poderán optar entre repetir os exames da parte teórica  (50% da nota) ou examinarse de novo de toda a materia (100% da nota) mediante dous
exames que abarcarán tanto a parte teórica (50%) coma a parte práctica (50%). Comunicarán ó coordinador a opción que elixen antes da
data oficial do exame. O resto dos alumnos examinaranse de toda a materia mediante dous exames que abarcarán a parte teórica (50%) e a parte práctica (50%).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000