Guia docente 2017_18
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Tecnoloxía audiovisual
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticas en aulas informáticas Manexo e axuste de ferramentas de análises e algoritmos, identificando cales usar en cada situación exposta.
Con esta metodoloxía trabállase a competencia CE36
Aprendizaxe baseado en proxectos Traballo colaborativo en grupo reducido sobre un deseño complexo que fai uso de varios temas tratados na materia. Faise un seguimento periódico do traballo e foméntase o traballo en grupo, a repartición de roles, a posta en común, a planificación e a defensa pública de resultados.
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CG1, CG6, CG9, CG12, CE36, CE38 e CT4.
Lección maxistral Exposición por parte do profesorado dos contidos da materia, fomentando a discusión crítica dos conceptos. Sentan as bases teóricas de algoritmos e procedementos usados para resolver problemas.
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CG1, CG6, CG12, CE36 e CE38.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000