Guia docente 2017_18
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Acústica arquitectónica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Resenrolo de traballos prácticos tutelados, de deseño básico con recollida de memoria final.
Mediante a realización destes traballos avalíanse as competencias relacionadas coa realización de medicións e a realización de proxectos.
35 C36
C37
Prácticas en aulas informáticas Recollida dos resultados das prácticas o remate do turno.
Avaliación dos aspectos máis prácticos (saber facer) relacionados coas competencias CG2 e CG5.
15 B2
B5
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame escrito de avaliación, coa realización de problemas
Avaliación da competencia CG5, Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, tasacións...No ámbito da acústica arquitectónica, especialente no apartado referente á capacidade de realizar cálculos.
25 B5
Probas de resposta curta Exame escrito, con preguntas breves, sobre os contidos teóricos da materia.
Avaliación da competencia, CG2 Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria relacionada co ámbito da acústica arquitectónica, especialmente no apartado de coñecemento da lexislación no ámbito da materia.
25 B2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase aos
alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación
continua e avaliación non continua (ao final do cuadrimestre), que
soamente se recomenda naquelas situacións nas que resulta
imposible seguir o primeiro sistema.

IDIOMA: O estudante poderá elixir en que idioma, inglés ou castelán, desexa ser avaliado.

AVALIACIÓN CONTINUA

Para
optar ao sistema de avaliación contínua, o alumno deber asistir a un
mínimo do 80% das actividades programadas na materia. A
avaliación  continua consta das probas que se detallan a continuación
nesta guía. Enténdese que o alumno opta pola
avaliación continua unha vez firme o documento de compromiso que se lle
ofrecerá durante as semanas 1-2, de forma que se poida comezar o
traballo nos grupos correspondentes. Unha vez asinado, entenderase
que o alumno se presentou á convocatoria e asignaráselle a
cualificación que resulte da aplicación do criterio que se detalla a
continuación
con independencia de que se presente ou non ao exame final.

Tipos e valoración de actividades:

  1. Realización
    de informes/memorias de prácticas asociadas a cálculos con elementos
    finitos (FEM), que se entregarán ao redor da semana 11 (25% da nota
    final).
  2. Realización de traballos tutelados de tipo práctico,
    enfocados á aplicación dos métodos numéricos a problemas básicos
    de deseño. (50% da nota final)
  3. Proba de respostas curtas na semana 9 (10 % da nota final)
  4. Proba individual de problemas e exercicios prácticos (15 % da nota final).

O peso final das probas escritas e dun 25 % sobre a nota final.

Os
traballos tutelados desenvólvense en grupos. A determinación da nota
individual de cada compoñente do grupo realizarase mediante os
resultados de enquisas de avaliación cruzada entre os integrantes do
grupo. A nota final ponderarase segundo os resultados da avaliación. A
nota mínima necesaria para considerar que a contribución dun alumno ao
traballo do grupo é satisfactoria será de 2 sobre 5 puntos.

O
alumno debe demostrar a destreza suficiente en todas as competencias
avaliadas. Para iso debe obter polo menos 4 puntos de 10 en cada unha delas. A nota final obtida correspóndese á
suma ponderada cos pesos indicados nas avaliacións realizadas.
Para aprobar, o alumno debe obter polo menos cinco puntos na devandita nota
final. No caso de que algún  alumno non superase os 4 puntos en todas as
competencias e a media ponderada superase os cinco puntos, se lle
asignará 4 puntos como resultado  do proceso de evaluación contínua.

A segunda proba realizarase con antelación ao exame
final. O exame final constará de dúas partes, correspondentes coas
dúas probas escritas. O alumno que opte por avaliación continua, poderá
presentarse para subir nota á totalidade do exame final ou a aquela
proba na que desexe subir nota. Adicionalmente, os alumnos que
teñan menos de 4 puntos ou desexen subir nota nalgunha das partes
prácticas, deberán entregar na data do exame final aqueles traballos
adicionais que lles encargue o profesorado.

Unha
vez acadado o aprobado en primeira convocatoria, a cualificación obtida
considerarase definitiva sen opción a subir nota en segunda
convocatoria (fin de curso).

AVALIACIÓN NON CONTINUA

Se o
alumno non asina o documento de compromiso enténdese que será avaliado
a través dun único exame final na data oficial asignada polo
Centro. Este exame final será cualificado entre 0 e 10 puntos e incluirá
os contidos tratados en todas as actividades, ademáis dunha serie
de preguntas adicionais relacionados cos traballos prácticos e o
traballo en grupo, de forma que se demostre que
o alumno adquiriu as mesmas competencias que os que
optasen pola avaliación continua.

Para aprobar, o alumno debe obter polo menos cinco puntos.

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

O alumno que fose avaliado por Avaliación Continua poderá optar por:
  1. Realizar
    de novo as probas escritas, conservando as cualificacións obtidas
    nas actividades de avaliación continua (incluíndo os traballos
    adicionais requiridos para superar os 4 puntos nas partes prácticas
    en caso necesario), cos pesos comentados anteriormente.
  2. Ser
    avaliado cun único exame final na data oficial asignada polo
    Centro. Este exame final será cualificado entre 0 e 10 puntos.  O
    exame final terá o mesmo contido que o exame de avaliación non continua, incluíndo as preguntas adicionais relacionados cos
    traballos prácticos e o traballo en grupo de dentro dun proxecto. Non se valora
    ningunha outra actividade realizada. Para aprobar o alumno debe
    obter polo menos cinco puntos.

O alumno que NON fose
avaliado por Avaliación Continua: Será avaliado na convocatoria
extraordinaria, cun único exame final través dun único exame
final na data oficial asignada polo
Centro en exame con los mesmos criterios e contidos comentados no
apartado referido á avaliación non continua.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000