Guia docente 2017_18
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Teoría de redes e conmutación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe baseado en proxectos Realización en grupo, presentación e defensa da resolución dun problema característico do mundo real, aplicando tanto os coñecementos teóricos adquiridos como manexando, no seu caso, as ferramentas informáticas empregadas nas clases prácticas. 20 C28
C31
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba parcial realizada sobre os dous primeiros temas, ó redor da oitava semana de clase. 60 B5
C28
C31
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumno terá que resolver individualmente dous boletíns de problemas, correspondentes ós dous primeiros temas do temario. 20 C28
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Déixanse a discreción dos alumnos dous métodos de avaliación
alternativos na materia: avaliación continua e avaliación única.

A selección de avaliación continua implica realizar un test curto (15 minutos) non puntuable de coñecementos básicos, a realizar nas dúas primeras semanas de clase. A avaliación continua consistirá, ademais da realización do test curto non puntuable, no desenvolvemento
en grupo de dous proxectos, a resolución individual de dous conxuntos de problemas sobre os dous primeiros temas, e a realización dun
exame escrito ó termo
do cuadrimestre sobre o total de temas. Os proxetos haberán de ser presentados na última clase C, durante as cales levaránse a cabo senllas entrevistas persoais ós membros do grupo, dependendo a nota individual tanto da mesma como da presentación e memoria conxunta. A
cualificación dos proxectos e dos exercicios só fornece efectos
no curso en que se propoñan,
incluíndo a segunda oportunidade ó final do curso. En calquera
caso, a cualificación na materia por avaliación
continua (unha vez que se cumpra o requisito previo do principio do
parágrafo) virá dada por: nota = 0'2 x proxectos + máximo
(0'8 x exame,  0'2 x exercicios + 0'6 x exame).

A avaliación única consistirá nun exame escrito sobre os
contidos da materia. A cualificación final da materia será,
neste caso, a nota obtida no exame. Este incluirá (avaliación única) unha cuestión ou varias sobre o uso das ferramentas informáticas presentadas no laboratorio, avaliando así unha capacitación mínima na competencia CE28/TEL2.

Consideraranse
presentados á avaliación todos os alumnos que asistan ao exame final. Selecciónase o modo de avaliación continua ó entregar os dous proxectos. Quen non superen a materia na primeira
oportunidade ó final do cuadrimestre dispoñen dunha segunda
oportunidade ó final do curso, similar  á primeira.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000