Guia docente 2017_18
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Laboratorio de proxectos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Algunhas pistas prácticas en habilidades como presentación oral e escrita e traballo en equipo. Con esta metodoloxía traballanse as competencias CT1, CT2 e CT4.
Traballos de aula Revisión da marcha dos proxectos, con presentacións curtas e discusións. Con esta metodoloxía traballanse as competencias CG9, CG11 e CG12.
Aprendizaxe baseado en proxectos Isto é o núcleo do curso: o equipo de estudantes ten que abordar un proxecto, ben proposto por eles ou ben proposto polo profesorado. Durante a duración da asignatura os compoñentes do equipo deberán cooperar para acadar os obxectivos do proxecto; como supervisión contarán cunha hora semanal cos dous ou alomenos un dos titores. Recoméndase a elaboración dun sitio web, tipo Wiki, blogue ou semellante, para que cada equipo documente os traballos que vai desenvolvendo al longo do curso. Ao final do curso, tódolos membros do grupo teñen que ser capaces de defender o seu proxecto tanto nunha presentación oral coma en dúas sesións de pósteres públicas. Con esta metodoloxía traballanse as competencias CG1, CG4, CG6, CG7, CG8, CG9, CG11, CG12, CE54, CE55, CE56 e CE57.
Presentacións/exposicións Cada equipo ten que defender o seu proxecto nunha presentación oral final e en dúas sesións de pósteres públicas, denominadas como LPRO DAYS. A presentación pode ser feita por un ou máis membros do equipo, e ten que incluír evidencias que ilustren o traballo realizado e os resultados acadados. Ao final da presentación todos os membros teñen que estar dispoñíbeis para o turno de preguntas. As sesións de pósteres require a presenza de tódolos membros do equipo. Con alomenos tres días de antelación deberá enviarse un resumo do traballo realizado (memoria) ao comité avaliador. Con esta metodoloxía traballanse as competencias CG9 e CG12.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000