Guia docente 2017_18
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Laboratorio de proxectos
   Recomendacións

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Xestión e dirección tecnolóxica/V05G300V01801

 
Outros comentarios
Esta asignatura supón unha carga significativa de traballo dos alumnos fora da aula para o desenvolvemento de proxectos: 244 horas. É importante asumir esta carga de traballo para o desempeño responsable da misma. Por unha banda, o esforzo non é so esixible individualmente, senón que tamén para o equipo de traballo no seu conxunto. Por outra parte, é importante ter dispoñibilidade temporal para facer reunións e traballo en grupo. Polo tanto, recoméndase que esta asignatura só se curse simultáneamente co resto de asignaturas do segundo cuadrimestre de cuarto (DTEC e TFG). Recoméndase informar sobre asignaturas doutros cursos ou outras actividades que se vaian a realizar de forma simultánea con LPRO. Os equipos de traballo desta asignatura son multidisciplinares dentro das especialidades da titulación. Como norma xeral, sempre que sexa posible, non se permitirán máis de 3 membros da mesma especialidade por equipo e tratarase de que haxa alomenos membros de 3 especialidades.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000