Guia docente 2017_18
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Teledetección
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Probas de resposta curta:
Haberá catro probas, en datas informadas a principio do curso, liberatorias das materias dos temas anteriores
Nestas probas curtas avaliaranse as competencias CE65, CE66, CG3 e CG7
40 B3
B7
C65
C66
Prácticas de laboratorio Observación sistemática:
Durante as prácticas de laboratorio e informáticas, avaliarase a obtención de resultados e a demostración de comprender o procedemento para chegar a eles:
1. "Calibración de sensores": 5%
2. "Termografía infravermella": 10%

Nestas prácticas avaliaranse as competencias CE66, CT3, CG4 e CG9.
15 B4
B9
C66
D3
Prácticas en aulas informáticas Observación sistemática:
Durante as prácticas de laboratorio e informáticas, avaliarase a obtención de resultados e a demostración de comprender o procedemento para chegar a eles:
1. "Fundamentos de RADAR": 7%
2. "Procesado de imaxes": 13%

Nestas prácticas avaliaranse as competencias CE65, CT2 e CG4.
20 B4
C65
D2
Traballo tutelado A realización dos traballos en grupos avaliarase en dous partes: a propia dinámica dos traballos e as presentacións.

Polo traballo en si, recibirán un 15% da nota final da materia. Cada un dos membros do grupo recibirá a mesma nota, xa que cada un deles é corresponsable do desenvolvemento.

Nestes traballos avaliaranse as competencias CE66, CG7 e CG9
15 B7
B9
C66
Presentacións/exposicións Presentacións dos traballos por parte dos grupos C.

Trala presentación, os profesores preguntarán cuestións, individualmente, a cada un dos membros do grupo. A nota desta parte será individual, dependendo do coñecemento demostrado por cada membro do grupo, e representará un 7% da nota total da materia.

Na presentación dos traballos avaliaranse as competencias CG9 e CT4
7 B9
D4
Prácticas autónomas a través de TIC Os alumnos presentarán ao profesor os resultados do seu traballo autónomo: "A Terra desde o aire/espazo": 3%

Nestas prácticas avaliaranse as competencias CE65 e CG4.
3 B4
C65
Probas de resposta curta O exame final, en caso de ter que facelo, constará de 10 cuestións de resposta curta, con preguntas relacionadas coas clases de aula, de laboratorio e as presentacións dos traballos, e valerá polo 100% da nota da materia. 0 B3
B4
B7
B9
C65
C66
D2
D3
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A lingua da materia é o inglés. As probas, informes e exames serán en inglés.

Os alumnos poden optar por evaluación continua ou por un exame final

1.- As probas de avaliación continua permiten ao alumno obter unha cualificación final baseada unicamente na súa traxectoria ao longo do curso, e consisten en:

1.1. Catro probas de resposta curta, cun 10% da nota total cada unha, sumando un 40%.

1.2. Probas de observación sistémica nas prácticas de laboratorio e informáticas, que suman un 35%

1.3. Avaliación dos traballos tutelados (15%)

1.4. Presentación dos traballos (7%)

1.5. Traballo autónomo (3%)

As tarefas de avaliación continua non son recuperables, e só son válidas para o curso actual.

Un alumno suponse que optou por avaliación continua cando se presentou a dúas das probas de resposta curta. Un alumno que opta pola avaliación continua considérase que se presentou á materia, independentemente de que se presente ou non ao exame final.

Se un alumno, presentándose a avaliación continua, opta por presentarse ao exame final, a nota final da materia será a media de ambas.

2.- O exame final consta de 10 preguntas. Pode realizarse dúas veces por ano académico. Os lugares e datas publícanse na páxina web da Escola. Pode preguntarse calquera contido explicado en clases de aula, laboratorio ou presentacións de proxectos.

Código ético

Os exames e os tests deben ser realizados individualmente. Calquera infracción se considerará como unha falta de ética importante e será comunicada ás autoridades académicas.

Os profesores poderán decidir suspender a un alumno se comete unha falta ética importante.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000