Guia docente 2017_18
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Comunicacións industriais
   Resultados de aprendizaxe
Resultados previstos na materia Resultados de Formación e Aprendizaxe
Comprensión e dominio dos sistemas de comunicacións industriais. C64
Esta materia pretende posibilitar o ensino sistemático do Ordenamento xurídico que está destinado a regular a sociedade/comunidade internacional, facilitando a comprensión entre o alumnado dos problemas básicos que rodean aquel. Desde unha perspectiva xurídico-formal, o Dereito internacional preséntaselle ao alumnado na súa dimensión positiva, ofrecendo o maior número posible de referencias á normativa en vigor. Esta perspectiva complétase cunha aproximación histórico-sociolóxica, expoñendo ao alumnado as realidades subxacentes ás normas e o medio concreto en que estas están chamadas a rexer, posto que para un ensino eficaz da materia é fundamental unha exposición dos acontecementos históricos e dos acontecementos sociolóxicos. Así mesmo, ambos os enfoques acompáñanse dunha aproximación axiolóxica ao dereito internacional, coa finalidade de procurar unha constante valoración da norma co ideal de Xustiza. Desde logo, a dimensión finalista da actividade docente conduce a que o ensino non se reduza a unha descrición do ordenamento xurídico internacional, senón que debe facerse reflexionar o alumno sobre o conxunto de valores que inspiran e aos que aspira este ordenamento. Desta forma, ao ensinar e difundir o Dereito internacional preténdese contribuír, en boa medida, a facer progresar a Sociedade internacional e os suxeitos que a compoñen na vía da paz. Tendo en conta o contido esencial desta disciplina científica, a súa docencia exponse desde unha visión realista, pero co firme propósito de facer partícipe o alumnado dos valores que inspiran o ordenamento xurídico internacional, apuntando, cando sexa posible, suxestións para a mellora das normas que o integran e insistindo, sobre todo, no seu cumprimento. Neste contexto sitúase unha das funcións máis importantes da docencia do Dereito internacional público: demostrarlle ao estudantado, e convencelo, de que esta é unha disciplina cada vez máis relevante na formación de todo xurista e que tomen conciencia da perspectiva internacional, que lles confire o coñecemento do Ordenamento xurídico internacional, como un elemento imprescindible do mundo interdependente. A función docente universitaria, en que se combina unha función informativa e outra formativa, debe servir para formar xuristas que poidan atopar saídas profesionais vinculadas cos seus estudos pero, sobre todo, tamén debe servir para formar e potenciar as capacidades intelectuais dos estudantes para que poidan e saiban afrontar de forma crítica os valores e as actitudes sociais que se desenvolven nas sociedades nacionais e internacional de que eles forman parte.
Comprensión e dominio dos conceptos básicos de redes de comunicacións industriais ou buses de campo (fieldbuses). C64
Comprensión e dominio das aplicacións dos buses de campo e os protocolos máis importantes. C64
Capacidade de elixir o protocolo máis adecuado para a resolución dun determinado problema de comunicacións. B6
C64
Capacidade de deseñar sistemas de comunicacións industriais sinxelos. B6
B14
Coñecementos básicos de ferramentas software de análise e deseño. B6
B14
Capacidade de utilización e configuración de módulos hardware de comunicacións B6
B14
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000