Guia docente 2017_18
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Acústica avanzada
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballo tutelado O alumno debe desenvolver e presentar un informe final de dous proxectos que se exporán ao longo da materia:
1. Deseño dun difusor para optimizar o diagrama de radiación dun altofalante.
2. Deseño e cálculo do illamento acústico nun edificio.
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias xerais CG2, CG5, CG7 para a aplicación de requisitos técnicos, e a competencia CE77. Tamén se traballan as competencias transversais CT3 e CT4.
Prácticas en aulas informáticas Utilización de software para a aplicación dos diversos métodos de cálculo desenvolvidos na materia:
1. Programas CAD e de xeración de mallas: FreeCAD e Gmsh.
2. Cálculo mediante Elementos Finitos con COMSOL.
3. Cálculo mediante elementos de contorno con OpenBEM.
4. Cálculos en Edificación.
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias específicas CE75, CE76 e CE77.
Estudos/actividades previas Preparación por parte do alumno de material previo asociado ás prácticas e ás clases maxistrais.
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias xerais CG2, CG5, CG7 e as competencias específicas CE75, CE76 e CE77.
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos da materia, fomentando a discusión crítica dos conceptos. Con esta metodoloxía trabállanse as competencias xerais CG2, CG5, CG7 e as competencias específicas CE75, CE76 e CE77.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000