Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Corrección: Novo acceso ás ferramentas bibliométricas Incites e SciVal e sesións formativas (CISUG)

Biblioteca

01-05-2024 hasta: 01-05-2025

Detectamos un erro na mensaxe anterior, polo que a enviamos de novo, corrixida:

COMUNICACIÓN DO CONSORCIO INTERUNIVERSITARIO DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA (CISUG)

 A partir do vindeiro día 1 de maio de 2024, a comunidade universitaria do SUG poderá acceder ás ferramentas bibliométricas Incites e Scival por un período temporal dun ano.

  • Clarivate Incites Benchmarking and Analytics: InCites é unha ferramenta analítica que utiliza os datos de Web of Science e Journal Citation Reports. Con Incites e a súa gama de indicadores, incluíndo indicadores normalizados, podemos comparar o impacto académico de varias institucións, revistas e investigadores/as e grupos.
  • Elsevier Scival (Módulo Benchmarking/Compare): SciVal é unha ferramenta de análise bibliométrica que brinda acceso ao rendemento de máis de 21000 institucións de investigación e o seu persoal investigador en máis de 234 países de todo o mundo. Con SciVal, pódese visualizar o rendemento da investigación, informar sobre estratexias e planificación, e comparar cos seus pares.

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, en colaboración coas tres universidades do SUG e o CISUG, financian as dúas ferramentas.

Accédese a InCites desde a base de datos Web of Science (na pestana Produtos) e a Scival desde a base de datos Scopus.

Co novo acceso desenvolverase un plan de formación sobre o uso destas ferramentas:

Formación SciVal

Dous seminarios web que se repiten en dúas sesións para facilitar a asistencia:

Webinar 1. Introdución a SciVal Benchmarking

Luns 6 de maio, de 9:00 a 10:00 horas. Inscrición

Luns 6 de maio, de 16:00 a 17:00 horas. Inscrición

Webinar 2. Utilizando SciVal para a avaliación da investigación segundo os novos criterios da ANECA.

Luns 13 de maio, de 9:00 a 10:00 horas. Inscrición

Luns 13 de maio, de 16:00 a 17:00 horas. Inscrición

Cada sesión poderá facerse en horario de mañá ou e tarde; cómpre inscribirse co correo institucional e nome completo. Elsevier enviará un certificado de asistencia.

Formación Incites

Sesión 1. Primeiros pasos con InCites

Martes 21 de maio, de 14:00 a 15:00 horas. Inscrición: https://clarivatesupport.webex.com/weblink/register/rbee3f1230d0d1942fac9e22a7f1ee5a2

Sesión 2. Analizar o impacto académico e social dos/as investigadores/as con InCites

Venres 24 de maio, de 14:00 a 15:00 horas. Inscrición: https://clarivatesupport.webex.com/weblink/register/r4c290a5b5bb4c51aacf258b4ebdf277e

A inscrición farase con correo institucional e o nombre completo, para a emisión do certificado de asistencia. As persoas inscritas recibirán un correo de confirmación. Revise a carpeta de SPAM se non o recibe. As persoas inscritas en cada sesión recibirán a ligazón á gravación desa sesión.

Máis información:

Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas, Marcosende
VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal

@saibuvigo