Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Sesións formativas en liña sobre a biblioteca virtual ELibro no mes de maio

Biblioteca

02-05-2024 ata: 31-05-2024

Durante o mes de maio, ELibro ofrece sesións de formación en liña sobre a súa biblioteca virtual e a nova app para a descarga de libros. Están dirixidas ao alumnado, ao persoal docente e investigador e ao persoal bibliotecario. Cada sesión ten unha duración de 30 minutos e as persoas interesadas poden inscribirse en calquera das sesións (son todas iguais agás a sesión para administración da plataforma).

Xa está aberto o prazo de inscrición, que deben facer cunha conta institucional da Universidade de Vigo.

Datas e horas das sesións

Xoves 2: 13:00 horas. Inscrición

Martes 7: 13:00 horas. Inscrición

Xoves 9: 13:00 horas. Inscrición

Martes 14: 13:00 horas. Inscrición

Mércores 15: 16:00 horas. Inscrición

Xoves 16: 13:00 horas. Inscrición

Martes 28: 13:00 horas (administración). Inscrición

Xoves 30: 13:00 horas. Inscrición

Obxectivos: Buscar, crear unha conta, suliñar, compartir carpetas, ler en liña, descargar etc.

Ferramentas de administración (só na sesión para persoal bibliotecario e administrador): xestión de contas, informes de uso, configuración xeral, rexistros MARC.

Máis información: www.elibro.es

ELibro utiliza a ferramenta Zoom para as súas sesións; poden seguilas no PC ou no móbil. As persoas que participen nalgunha das sesións poden solicitar o certificado de asistencia a capacitacion@elibro.com

Para calquera dúbida, diríxase a:

Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas, Marcosende
VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal

@saibuvigo