Secretaría Uvigo

Bolsas de Mobilidade para o estudantado dos Mestrados Universitarios, 2023/2024

TipoMobilidade estudantes
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2023_2024 Mobilidade Mestrado
Data inicio solicitudes30/04/2024
Data fin solicitudes27/05/2024
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/bolsas/convocatorias/index
Descripción

O obxecto destas bolsas é sufragar os gastos derivados da realización de actividades de contido formativo dos mestrados oficiais impartidos pola Universidade de Vigo, que se teñan que desenvolver nunha localidade diferente á da sede dos seguintes mestrados:

  • Enxeñería de Minas
  • Investigación Química e Química Industrial
  • Lingüística Aplicada
  • Nanociencia e Nanotecnoloxía
  • Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural
  • Xenómica e Xenética
Requisitos

REQUISITOS:

  1. Estar matriculado no curso 2023/2024 nalgún dos mestrados universitarios recollidos na base 1, e en todo caso no momento de realizar o desprazamento subvencionado, dun mínimo de 60 créditos ou os que lle queden para finalizar os estudos.
  2. Non estar en posesión dun título de mestrado oficial.
  3. Realizar ó longo do curso 2023/2024 unha actividade propia do mestrado que esixa desprazamento a unha localidade diferente á da sede do mestrado. No caso dos mestrados cunha duración de 2 cursos o desprazamento poderá realizarse ata o 30 de outubro de 2024.
Documentacion

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

A solicitude realizarase a través do formulario en liña dispoñible na secretaría virtual da Universidade https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/bolsas/convocatorias/index

DOCUMENTACIÓN:

  1. Certificación académica oficial dos estudos que lle deron acceso aos estudos de mestrado, no caso de telos cursado nunha universidade distinta a Universidade de Vigo.

No caso de estudantado que accede ao máster desde estudos cursados en universidades estranxeiras deberá aportar a Declaración de Equivalencia de Nota media solicitada ao Ministerio de Educación e Formación Profesional a través do seguinte enlace:

https://www.universidades.gob.es/equivalencia-de-notas-medias-de-estudios-universitarios-realizados-en-centros-extranjeros/

  1. O currículo no que se sinalará, as titulacións, cursos, actividades de investigación e difusión (congresos, publicacións...) e experiencia profesional relacionada cos estudos de máster que está cursando.
  2. Descrición da actividade para a que solicita a bolsa segundo o modelo do anexo II no que se indica o desprazamento a realizar, lugar de destino, institución ou entidade, duración do desprazamento e proposta da actividade a realizar no destino. Esta proposta deberá contar co informe favorable da persoa coordinadora da titulación.
Observacións
  1. OBRIGAS
  2. Estar matriculado no momento de realizar o desprazamento subvencionado, a tempo completo dun mínimo de 60 créditos ou os que lle queden para finalizar os estudos.
  3. Destinar a bolsa á finalidade para a que foi concedida.
  4. Presentar documentación acreditativa da participación na actividade subvencionada e a que sexa precisa para acreditar os desprazamentos correspondentes no prazo de 1 mes dende a finalización da actividade.
Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Teléfono: 986 81 40 94
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-mobilidade
Enlace a taboleiro: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=37841782
Atrás