Código |
Descrición |
A11 |
Establecer unha relación empática e respectuosa co paciente e a familia, acorde coa situación da persoa, problema de saúde e etapa de desenvolvemento. |
A13 |
Recoñecer as situacións de risco vital e saber executar manobras de soporte vital básico e avanzado. |
A17 |
Aplicar o proceso de enfermaría para proporcionar e garantir o benestar a calidade e seguridade das persoas atendidas. |
A18 |
Coñecer e aplicar os principios que sustentan os coidados integrais de enfermaría. |
A19 |
Dirixir, avaliar e prestar os coidados integrais de enfermaría, ao individuo, á familia e á comunidade. |
A22 |
Promover a participación das persoas, familia e grupos no seu proceso de saúde-enfermidade. |
A25 |
Aplicar os métodos e procedementos necesarios no seu ámbito para identificar os problemas de saúde máis relevantes nunha comunidade. |
A28 |
Coñecer as alteracións da saúde do adulto, identificando as manifestacións que aparecen nas súas distintas fases. |
A30 |
Analizar os datos recollidos na valoración, priorizar os problemas do paciente adulto, establecer e executar o plan de coidados e realizar a súa avaliación. |
A31 |
Realizar as técnicas e procedementos de coidados de enfermaría, establecendo unha relación terapéutica cos enfermos e familiares. |
A32 |
Seleccionar as intervencións encamiñadas a tratar ou previr os problemas derivados das desviacións de saúde. |
A33 |
Ter unha actitude cooperativa cos diferentes membros do equipo. |
A43 |
Coñecer os problemas de saúde máis frecuentes nos anciáns |
A53 |
Coñecemento relevante e capacidade para aplicar Ciencias básicas e da vida. |