Guia docente 2023_24
Facultade de Dereito
Máster Universitario en Avogacía e Procuradoría - Ourense
 Materias
  Práctica Mercantil
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Asistencia e participación nas sesións presenciais. 25 B1
B5
C1
C4
C9
D3
D6
D7
Exame de preguntas obxectivas Realización dunha proba de tipo test. 35 B8
B9
C4
D4
Estudo de casos Realización dun exercicio práctico con un ou varios supostos. 40 B1
B5
B6
B7
B8
B9
C1
C3
C4
D1
D2
D3
D4
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Primeira edición das actas:

O estudante debe elixir entre un sistema
de avaluación continua ou a realización dun exame final.

a) Avaliación continua:

Para poder optar polo sistema de avaliación continua, o estudante deberá asistir, polo menos, a un 80% das
clases. O sistema de avaliación continua consistirá en:

1.- A asistencia e participación activa
nas clases presenciais, que representa o 25% da cualificación final.

2.- A realización dunha proba final que constará de duas partes:

1) Un exame tipo test, que representa o 35% da cualificación final.

2) Un caso práctico consistente no
estudo dun(s) caso(s). Esta proba representará o 40% da cualificación final.

A data e a hora do exame da
primeira oportunidade serán as previstas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Mestrado para o presente curso académico.

b) Exame final:

O estudante que non se someta ao sistema
de avaliación continua ou que quede excluído do mesmo realizará un exame. Este exame
representa o 100% da cualificación da materia.

O exame constará de tres partes:

1) Un exame tipo test, que representa o
35% da cualificación final.

2) Un caso práctico consistente no
estudo dun(s) caso(s). Esta proba representará o 40% da cualificación final.

3) Exposición e defensa pública do caso práctico, a efectos de avaliar a adquisición das competencias da
materia, nas mesmas condicións que o estudante que se acolliou ao sistema
de avaliación continua. Esta proba representará o 25% da cualificación
final.

A data e a hora do exame da
primeira oportunidade serán as previstas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Mestrado para presente o curso académico.

2. Segunda edición das actas:

A. O estudante que se sometiou ao sistema
de avaliación continua conservará a nota que obtivo no mesmo. Nestes
casos, o exame constará de duas partes:

1) Un exame tipo test, que representa
o 35% da cualificación final.

2) Un caso práctico consistente no
estudo dun(s) caso(s). Esta proba representará o 40% da cualificación final.

B. O estudante que non se sometiou ao
sistema de avaliación continua ou que quedou excluido do mesmo realizará un
exame. Este exame representa o 100% da cualificación da materia.

O exame constará de tres partes:

1) Un exame tipo test, que representa o
35% da cualificación final.

2) Un caso práctico consistente no
estudo dun(s) caso(s). Esta proba representará o 40% da cualificación final.

3) Exposición e defensa pública do caso práctico, a efectos de avaliar a adquisición das competencias da
materia, nas mesmas condicións que o estudante que se acolliou ao sistema
de avaliación continua. Esta proba representará o 25% da cualificación
final.

A data e a hora do exame da
segunda oportunidade serán as previstas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Mestrado para presente curso académico.

En todos os casos, as probas realizadas permitirán avaliar os resultados de formación e aprendizaxe.

Respecto das tutorías, as do profesorado propio da universidade poden consultarse no seu correspondente perfil docente na UVigo (http://masteravogacia.webs.uvigo.es/gl/docencia/profesorado/). As do profesorado profesional atenderanse só previa concertación de cita, dado que no teñen titorías validadas polos departamentos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000