Guia docente 2023_24
Facultade de Dereito
Máster Universitario en Avogacía e Procuradoría - Ourense
 Materias
  Práctica Administrativa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Valorarase a participación activa de calidade do estudante. 25 B5
C1
D2
D6
D7
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución dun os varios supostos prácticos nos que haxa que aplicar Dereito Administrativo. 40 B7
B8
C1
C5
C7
C9
D2
Exame de preguntas obxectivas Preguntas con catro opcións de resposta, sendo só una delas correcta. 35 B5
B7
B8
C1
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Primera edición de actas: 

a) Avaliación continua:

Para poder optar polo sistema de avaliación continua, o estudante deberá asistir, polo menos, a un 80% das clases. O sistema de avaliación continua consistirá en:

1.- A asistencia e participación activa nas clases presenciais, que representa o 25% da cualificación final.

2.- Realización dunha proba final, que representa o 75% da cualificación final, que constará de duas partes:

1) Un exame tipo test, que representa o 35% da cualificación final.

2) Un caso práctico consistente no estudo dun caso. Esta proba representará o 40% da cualificación final.

A data e a hora do exame da primera oportunidade serán as previstas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Máster para o presente curso académico.

b) Exame final:

O estudante que non se someta ao sistema de avaliación continua ou que quede excluído do mesmo realizará un exame. Este exame representa o 100% da cualificación da materia.

O exame constará de tres partes:

1) Un exame tipo test, que representa o 35% da cualificación final.

2) Un caso práctico consistente no estudo dun caso. Esta proba representará o 40% da cualificación final.

3) Exposición e defensa pública do caso práctico, a efectos de avaliar a adquisición das competencias da materia, nas mesmas condicións que o estudante que se acolleu ao sistema de avaliación continua. Esta proba representará o 25% da cualificación final.

A data e o horario das probas de avaliación da primeira convocatoria son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Máster para o presente curso académico. 

2. Segunda edición das actas:

O estudante que se someteu ao sistema de avaliación continua conservará a nota que obtivo no mesmo. Nestes casos, o exame constará de duas partes:

1) Un exame tipo test, que representa o 35% da cualificación final.

2) Un caso práctico consistente no estudo dun caso. Esta proba representará o 40% da cualificación final.

B. O estudante que non se someteu ao sistema de avaliación continua ou que quedou excluído do mesmo realizará un exame. Este exame representa o 100% da cualificación da materia.

O exame constará de tres partes:

1) Un exame tipo test, que representa o 35% da cualificación final.

2) Un caso práctico consistente no estudo dun caso. Esta proba representará o 40% da cualificación final.

3) Exposición e defensa pública do caso práctico, a efectos de avaliar a adquisición das competencias da materia, nas mesmas condicións que o estudante que se acolleu ao sistema de avaliación continua. Esta proba representará o 25% da cualificación final.

A data e o horario das probas de avaliación da segunda convocatoria son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Máster para o presente curso académico.

As titorías do profesorado universitario da materia pódense consultar no seguinte enlace: http://dereito.uvigo.es>docencia/profesorado/. As titorías do profesorado profesional atenderanse previa concertación de cita.

En tódolos casos, as probas realizadas permitirán avaliar os resultados de formación e aprendizaxe.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000