Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Avogacía e Procuradoría - Pontevedra
 Materias
  Práctica Mercantil
   Resultados previstos na materia
Resultados previstos na materia Resultados de Formación e Aprendizaxe
CON-01 Recoñecer na elaboración de documentos procesuais, nos interrogatorios e nas probas periciais, as técnicas dirixidas á investigación e o establecemento dos feitos nos diferentes tipos de procedemento. CON-05 Identificar as técnicas de resolución de conflitos máis pertinentes en cada situación e contexto. CON-06 Formular os requirimentos de prestación e organización determinantes para o asesoramento xurídico e representación procesual. CON-07 Determinar a instancia administrativa ou xurisdicional e a acción ou actuación procedentes para a defensa dos dereitos dos clientes. CON-08 Recoñecer o instrumento xurídico procedente para representar aos interesados ante terceiros, ante as administracións públicas e ante os órganos xurisdicionais. CON-09 Identificar os actos xurídicos que requiran, para a súa eficacia, da intervención notarial e os que necesitan inscrición rexistral. HAB-01 Aplicar correcta e adecuadamente os coñecementos especializados adquiridos no grao no exercicio profesional ante tribunais ou autoridades públicas, así como nas funcións de asesoramento respectando os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. HAB-03 Realizar eficaz e correctamente os actos de comunicación das partes no proceso. HAB-04 Diferenciar, de forma clara e precisa, os intereses privados que representan aos/as profesionais do Dereito dos de carácter público, cuxa execución a lei e os tribunais encoméndanlle, para unha colaboración eficaz cos tribunais na execución das resolucións xudiciais. HAB-09 Desenvolver traballos profesionais en equipos especializados e interdisciplinares. COMP-01 Coñecer e utilizar de forma axustada o dereito á defensa e a postulación procesual dos clientes no marco dos sistemas de tutela xurisdicionais nacionais e internacionais. COMP-02 Coñecer e utilizar adecuadamente as técnicas procesuais na execución dos actos que teñen lugar nas distintas ordes xurisdicionais, con especial atención aos prazos, actas de comunicación, execución e vías de constrinximento. COMP-03 Incorporar os dereitos e deberes deontolóxicos da persoa que exerce a avogacía ou a procura nas relacións con clientes, outras partes, tribunais, autoridades e outros profesionais. COMP-04 Coñecer e aplicar as técnicas máis pertinentes en cada caso dirixidas á identificación e liquidación de dereitos arancelarios, obrigacións tributarias, de constitución de depósitos xudiciais e de atención de cuantos gastos e costas sexan necesarios para garantir a tutela xudicial efectiva dos dereitos das súas persoas representadas. COMP-06 Expresarse oralmente e por escrito, de forma adecuada ao contexto e ás necesidades ou características especiais de cada destinatario/a, e extraer das feitos consecuencias xurídicas de forma argumentada, en todos os ámbitos procedementais. COMP-07 Interactuar de forma apropiada cos/as cidadáns/as, institucións e outras persoas profesionais. B1
B5
B6
B7
B8
B9
C1
C3
C4
C9
D1
D2
D3
D4
D6
D7
COMP-01 Coñecer e utilizar de forma axustada o dereito á defensa e a postulación procesual dos clientes no marco dos sistemas de tutela xurisdicionais nacionais e internacionais. COMP-02 Coñecer e utilizar adecuadamente as técnicas procesuais na execución dos actos que teñen lugar nas distintas ordes xurisdicionais, con especial atención aos prazos, actas de comunicación, execución e vías de constrinximento. D1
D2
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000