Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Traballo tutelado Cada estudante dispón dun titor/a que o orientará na realización do traballo fin de grao, fará o seguimento do mesmo e participará na súa avaliación, dacordo coa normativa aprobada para esta materia.
Probas Descrición
Proxecto O estudante desenvolverá un proxecto orixinal de forma autónoma e baixo a supervisión do titor, no que porá en evidencia as competencias adquiridas ao longo da titulación. Ao final deberá recoller os resultados do proxecto nunha memoria, dacordo coas normas establecida para iso. Tamén fará unha presentación da memoria diante do tribunal, constituindo o proxecto e a presentación a maior porcentaxe da calificación que obteña na materia. A memoria e a presentación tamén contarán en distintas fases coa supervisión do titor.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000