Guia docente 2023_24
Facultad de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia da arte medieval
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo Os traballos tutelados serán avaliados unha entregados na Plataforma MooVi.
Con elo dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe:
Interpretación das obras de arte no período de estudo desde unha perspectiva metodolóxica múltiple.
20 A2
A4
C31
C32
D2
Exame de preguntas de desenvolvemento A sesión maxistral será avaliada mediante unha proba escrita de resposta longa de carácter transrversal na que terá que relacionar diferentes contidos e ideas do temario. Para superar a materia, é necesario acadar nesta proba unha cualificación mínima de 5 puntos (sobre os 10 do total).
Con isto o alumno dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe:
Coñecer as manifestacións artísticas medievais como resultado dun complexo proceso.
40 A3
A5
B2
C24
C25
C29
D1
Observación sistemática En todas as actividades e probas que conforman a programación valorarase o traballo autónomo do alumnado en foros, debates, comentarios de obras de arte na aula etc.
Con isto o alumno dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe:
Aplicar os coñecementos e demostrar por medio da elaboración e defensa de argumentos a resolución de problemas.
10 A2
A3
A4
A5
Resolución de problemas e/ou exercicios A sesión maxistral será avaliada tamén mediante unha proba na que o alumnado terá que comentar por escrito unha serie de obras de arte do periodo estudiado aplicando en cada unha delas os coñecementos adquiridos. 20 A3
A5
B2
C24
C25
C29
D1
Cartafol/dossier Informe das saídas de estudo programadas como complemento da materia. Con este o alumnado dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe: coñecemento do contorno e territorio próximo e dos seus aspectos históricos e artísticos. 10 A3
A5
B2
C24
C25
C29
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledoncencia Moovi, da Universidade de Vigo, que permitirán acceso aos materiais precisos para adquisición das competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. Se especificarán as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan poder acceder ao mesmo porcentaxe da nota. O seguemento individualizado da participación do alumno a través da TIC será feito a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estadísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc..). 

O alumnado deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir e realizar as probas que o profesorado dispoña como imprescindibles. O seguimento realizarase a través dos seguintes recursos: Curso virtual na plataforma Moodle (MooVi, UVigo) e correo electrónico. Docencia presencial: seguimento na aula e o seminario de informática da facultade. Docencia non presencial: Campus Remoto (enlace en MooVi). 

A utilización dos materiais postos a disposición do alumnado a través de MooVi deberá respectar os dereitos de autor/a e serán cualificados cun cero calquera proba ou exame nos que se "copien no sustancial obras alleas, dándoas como propias" (dle-rae).

Aqueles estudantes que elixan ser avaliados mediante a modalidade de "avaliación global" deberán comunicalo ao profesorado responsable da materia no prazo de 31 días hábiles dende o inicio de cada cuadrimestre (artigo 19.4 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado  da Universidade de Vigo). Serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio, que representará un 30% desta. 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000