Guia docente 2023_24
Escuela Universitaria de Enfermería de Ourense
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría en saúde mental
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario A asistencia aos seminarios é obrigatoria, cando menos no 90% do total das horas asignadas, no caso contrario a/o alumna/o pasará a ser avaliado segundo os criterios establecidos para a "modalidade non presencial”.

A avaliación presencial de seminarios será:

1º. Avaliación continua (10%): Esta avaliación farase ao longo do cuadrimestre no que se imparte a materia, mediante a observación da participación e implicación do alumnado nos temas expostos na aula.
A puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10.
Será preciso superar esta parte da materia, para poder superar toda a materia.

2º. Exame de preguntas obxectivas (proba tipo test), con varias opcións de resposta, sendo só unha delas certa dos temas expostos en seminarios (30%).
A fórmula que se utilizará para obter a puntuación neste apartado será: (A-E), (A) acertos - (E) erros. As preguntas en branco, non restan puntuación.

Para superar o exame, será preciso acadar o 50% da puntuación total máxima posible deste apartado.

Será preciso superar esta parte da materia, para poder superar toda a materia.


40 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B14
C10
C23
C24
C25
C26
C31
C32
D5
D6
D9
D10
D11
Exame de preguntas obxectivas Nesta apartado avaliarase os contidos teóricos, expostos nas clases maxistrais, en relación aos contidos propios da materia.

Constará dun exame de preguntas obxectivas (proba tipo test), con varias opcións de resposta, sendo só unha delas certa.
A fórmula que se utilizará para obter a puntuación neste apartado será: (A-E), (A) acertos - (E) erros. As preguntas en branco, non restan puntuación.

Para superar o exame, será preciso acadar o 50% da puntuación total máxima posible deste apartado.

Será preciso que todo o alumnado matriculado na materia supere este apartado da materia, para poder superar a asignatura.
50 A1
A2
A3
A4
A5
B4
B6
B7
B9
B10
B13
C22
C51
D1
D2
D3
D4
D7
D8
Traballo Neste apartado avaliarase a elaboración e exposición dun traballo en equipo, dos temas propostos nas clases.
As instrución de elaboración e de exposición do mesmo, daranse ao comenzo do cuadrimestre e publicaránse posteriormente en faitic.
A calificación para ser apto será de 5 ou máis puntos sobre 10.

Será preciso que todo o alumnado matriculado na materia supere este apartado da materia, para poder superar a asignatura.
10 B11
B12
B13
B14
B15
B16
B17
C12
C14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

OUTROS COMENTARIOS

Para superar a materia, será preciso aprobar cada unha das partes da mesma, de forma independente. De non ser así, só se gardará a cualificación das partes superadas, ata a 2ª convocatoria, do presente curso académico.

AVALIACIÓN DE ALUMNADO CON AUSENCIAS EN SEMINARIOS (40% puntuación, do total da materia): As/os alumnas/os que teñan unha asistencia aos seminarios inferior ó 90%, deberán realizar o día fixado como data de exame no calendario oficial:

1. EXAME PRÁCTICO (10% da puntuación): en relación aos contidos impartidos nos seminarios. A cualificación para ser apto será de 5 ou máis puntos sobre 10.

2. EXAME TEÓRICO TIPO TEST (30% da puntuación): deberán realizar unha proba tipo test, con varias opcións de resposta, sendo só unha delas certa. A fórmula que se utilizará para obter a puntuación neste apartado será: (A-E), sendo A acertos e E erros. As preguntas en branco non restarán puntuación. Dita proba versará sobre os contidos impartidos nos seminarios. Nesta proba será preciso acadar un 50% da puntuación total deste apartado. 

Será preciso ter aprobada cada unha das dúas partes de exame, é dicir, tanto o exame práctico como o exame teórico tipo test de forma independiente para superar a parte correspondente ao total de seminarios.

A cualificación para ser apto será de 5 ou máis puntos sobre 10.

 É imprescindible superar a parte de seminarios para poder superar a materia no seu conxunto. 

2ª EDICIÓN ORDINARIA:

O alumnado que teña suspensa/s algunha das partes da avaliación citadas, na súa 1ª edición, deberá presentarse nesta 2ª edición a parte que teña pendente segundo sexa alumnado presencial ou non presencial no relativo a parte de seminarios.

As condicións de avaliación son as mesmas que na 1ª edición.

CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA:

O alumnado que se presente a esta convocatoria, deberá superar un exame de preguntas obxectivas (proba tipo test), con varias opcións de resposta, sendo só unha delas certa. A puntuación desta proba suporá o 100% do total da materia. Neste exame avaliaranse os contidos: teóricos expostos nas clases maxistrais, nos seminarios, e nos traballos propostos e expostos na clase polo alumnado, en relación aos contidos propios da materia.

A fórmula que se utilizará para obter a puntuación neste apartado será: (A-E), (A) acertos - (E) erros. As preguntas en branco, non restan puntuación.

Para superar o exame, será preciso acadar o 50% da puntuación total máxima posible.


Datas
de exames desta materia

As datas serán as que figuran aprobadas e publicadas na web e taboleiros da Escola.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000