Guia docente 2023_24
Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense
Grao en Enfermaría
 Materias
  Metodoloxía da investigación
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas Estudo de contidos teóricos e bibliografía.
Realización de exercicios.
Procura e lectura de artigos.
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Seminario Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico seleccionado polo docente, que permiten profundar ou complementar os contidos da materia.

Realizar caso práctico baseado nun traballo de campo con explotación de datos estatísticos.

Realización de procuras bibliográficas a suxestión do docente en tempo real, con distintos motores, operadores booleanos e terminología MesH, con a posterior posta en común na clase.

Realización e exposición dun traballo en grupo sobre unha das temáticas impartidas elixidas entre o grupo e o docente.
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000