Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Psicoloxía: Fundamentos psicolóxicos da intervención temperá
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Serán realizados baixo a supervisión do profesor, serán repartidos por grupos . Ao finalizar cada traballo o grupo que o realizou explicarao brevemente ao resto dos grupos. A elaboración do traballo será supervisada en todo momento polo profesor, ben directamente na aula, mediante titoria ou por medios informáticos
40 A1
B6
B8
B10
B11
D7
D15
Resolución de problemas Resposta eficaz a situacións problema expostas en relación ao desenvolvemento e intervención temperá en base a distintas metodoloxías e sistemas de actuación educativa 40 A1
A2
A4
B6
B8
B10
B11
D7
D15
Prácticum, Practicas externas e clínicas Elaboración dun documento por parte do alumnado no que se reflicten as características do traballo levado a cabo. O alumnado debe describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar
os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a análise e tratamento dos datos
20 A2
A4
B6
B8
B10
C3
C4
D15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN EN 1ª CONVOCATORIA:

Para poder acollerse á avaliación continua a través de actividades na aula virtual é preciso asistir ás aulas nun 80% do tempo presencial cun aprovechamiento idóneo.

Os documentos e arquivos dos traballos e tarefas do curso serán dispostos, en tempo e forma segundo os prazos programados, por cada alumna e cada alumno no seu espazo persoal respectivo no aula virtual do curso, en formatos de código aberto ou de visores libres.

Para obter unha avaliación positiva é preciso obter a cualificación de aprobado en cada un dos apartados establecidos nas probas de avaliación e observar un comportamento correcto nas sesións presenciales, xa que se valorará como condición imprescindible que o aprovechamiento e a participación sexan acomodadas. A cualificación final será obtida mediante a acumulación porcentual de cada unha das cualificacións singulares.

O estudantado que non cumpra cos requirimentos para poder acollerse á avaliación continua deberá optar pola avaliación global. Esta levará a cabo mediante a realización dun exame teórico/práctico na data e hora que se establece no apartado de organización académica da páxina web da facultade.

As datas oficiais dos exames pódense consultar na web da facultade: http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames

AVALIACION 2ª CONVOCATORIA

O alumnado que se puido acoller ao sistema de avaliación continua na primeira convocatoria, poderá optar por realizar as actividades pendentes de avaliación positiva ou pola realización dun exame. Gardaranse as cualificacións positivas alcanzadas na primeira convocatoria, que se promediarán coas obtidas nesta, de acordo coas porcentaxes indicadas anteriormente. Devandito alumnado tamén poderá optar por realizar dun exame teórico-práctico.


O alumnado que non poda acollerse á avaliación contunua, asistente terá que realizar a avaliación global da materia 

As datas oficiais dos exames pódense consultar na web da facultade: http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000