Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Socioloxía: Sociedade, cultura e pensamento
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Lectura de textos e exposición, reflexión e debate oral sobre os seus contidos. 25 A3
B8
C13
C23
C34
D1
D3
D6
D14
Traballo tutelado Valoración do traballo de iniciación á investigación e elaboración de materiais didácticos. Serase esixente coa adecuación do resultado aos criterios esixidos para este tipo de actividade. 35 A3
B8
C13
C23
D1
D3
D6
D14
Exame de preguntas de desenvolvemento Examen sobre o temario da materia. A xuizo do profesor/a responsable da materia, as preguntas poden ser longas, curtas e/ou tipo test. 40 A1
A2
A3
C23
D1
D14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA CONVOCATORIA: O alumnado presencial e o non presencial ten que
alcanzar o 50% en cada unha das probas para superar a materia.
SEGUNDA CONVOCATORIA: De non superar a materia, as competencias non
adquiridas serán avaliadas exclusivamente co exame da convocatoria de
xuño-xullo. Con todo, se o alumnado presentou e superou as partes
prácticas durante o curso, gardaráselle a nota para facer media co exame
da convocatoria de xuño-xullo, pero non se poderán presentar as
prácticas na segunda convocatoria. 

AVALIACIÓN CONTINUA (ALUMNADO PRESENCIAL): Seminario (25%); Traballo tutelado (35%); Exame de preguntas de desenvolvemento (40%)

AVALIACIÓN GLOBAL (ALUMNADO NON PRESENCIAL): O alumnado que non poida asistir á clase
regularmente, non poida seguir a avaliación continuada nin asistir a
titorización dos traballos, realizará as seguintes probas: 1.- Unha
proba de contidos teóricos (ata 4 puntos, 40%). 2.- Un traballo, a
determinar polo profesor/a (ata 3,5 puntos, 35%). 3.- O resumo de dous
libros, a determinar polo/a profesor/a responsable da materia (ata 2,5  puntos 25%). Para aprobar é preciso alcanzar o 50% da puntuación en cada
unha das 3 probas. 

Os criterios de avaliación da segunda convocatoria
son os mesmos tanto para o alumnado presencial como para o non
presencial.
As datas oficais de exame poden consultarse na páxina web da Facultade,
no apartado de organización académica, espazo "datas de exames" (http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames/). 

As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose aprobadas, polo tanto, nese curso académico.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000