Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Avogacía-Pontevedra
 Materias
  Prácticas Externas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticum, Practicas externas e clínicas Realización de prácticas externas nas institucións e despachos asignados. Informe realizado polo titor/a profesional. 80 A2
A3
A4
A5
B5
B6
C1
C2
C3
C5
D1
D2
D3
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas(Repetida non usar) Memoria de prácticas realizada polo estudiante. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

NORMATIVA DE DESENVOLVEMENTO DAS PRÁCTICAS EXTERNAS CURRICULARES NO MESTRADO EN AVOGACÍA DA FACULTADE DE CIENCIAS XURÍDICAS E DO TRABALLO:

ARTIGO 11: AVALIACIÓN DAS PRÁCTICAS 1. A avaliación das prácticas será levada a cabo polo titor/a académico/a asignado ao alumno. Para poder ser avaliado positivamente é necesario: a) Non faltar inxustificadamente a máis dun 10% das horas que conforman a práctica. b) Que a cualificación global que figure no Informe de Seguimento emitido polo titor/a da entidade externa sexa igual ou superior a cinco puntos sobre dez. c) Entregar ao titor/a académico/a no prazo previamente establecido dende a dirección do Mestrado a Memoria de Prácticas Externas, axustándose ao modelo incorporado ao Anexo I da presente normativa. 2. O titor/a académico/a elaborará un Informe de Valoración Final no que determinará a cualificación final. Para iso terá en conta de forma prioritaria o Informe de Seguimento remitido polo titor/a da institución colaboradora e a Memoria presentada polo alumno/a, pero poderá valorar tamén o interese demostrado polo estudante, as titorías académicas levadas a cabo en relación coa práctica, así como calquera outro factor do que se deduza un bo resultado na aprendizaxe. 3. En función de todos estes factores, se a cualificación obtida no Informe de Seguimento do titor/a da entidade colaboradora é igual ou superior a cinco, o titor/a académico/a poderá incrementar a cualificación do alumno até en dous puntos e medio, sen que a cualificación final poida superar os dez puntos. Pola contra, o titor/a non poderá rebaixar a nota asignada ao alumno/a no Informe de Seguimento emitido polo titor da institución colaboradora que poderá ser ata 8 puntos . 4. No caso de que o estudante non reúna algún dos tres requisitos enumerados nos apartados a), b) e c) deste precepto, recibirá a cualificación de “Suspenso”.

SEGUNDA CONVOCATORIA: Aplicarase igualmente o citado artigo 11 da Normativa de prácticas externas. 
As datas de entrega dos informes do titor externo e da memoria de prácticas realizada polo estudante será a aprobada pola Comisión Académica do máster e pola Xunta de Facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000