Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Informática: Novas tecnoloxías aplicadas ao dereito
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios A avaliación de certas actividades realizarase empregando rúbricas.

Resultado de aprendizaxe:

- Manexar ferramentas informáticas apropiadas para o desenvolvemento profesional no ámbito xurídico.
- Desenvolver a capacidade para traballar, colaborar e cooperar en contornas dixitais.
50 A1
A2
A3
A4
A5
C22
C23
D1
D3
D4
Exame de preguntas obxectivas Realizaranse cuestionarios de autoevaluación para validar a adquisición de competencias por parte do alumno. Realizarase un cuestionario ao finalizar cada un dos temas de teoría e para determinadas sesións deresolución de problemas e exercicios.

Resultado de aprendizaxe:

- Coñecer e comprender os principios e conceptos básicos de Informática e a súa relación co Dereito.
- Desenvolver habilidades e destrezas para a procura e tratamento da información xurídica.
- Manexar ferramentas informáticas apropiadas para o desenvolvemento profesional no ámbito xurídico.
50 A1
A2
A3
A4
A5
C22
C23
D1
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Lémbrase a todo o alumnado a prohibición do uso de dispositivos móbiles ou computadores portátiles en exercicios, prácticas e probas, en cumplimiento del artigo 13.2.d) do Estatuto do Estudante Universitario, relativo aos deberes do estudiantado universitario, que establece o deber de "Absterse da utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos oficiais da universidade."

A materia divídese en dúas partes: Teoría (20%) e Práctica (80%).

A parte práctica divídese á súa vez en 4 bloques: fontes xurídicas (15%) + procesador de textos avanzado (15%) + folla de cálculo (15%) + ferramentas para o traballo colaborativo (35%).

A nota final obterase,  a aplicando a seguinte fórmula para o cálculo da media ponderada: 

Nota teoría x 20% + nota fontes xurídicas x 15% + nota procesador avanzado x 15% nota folla de cálculo x 15% nota ferramentas colaborativas x 35%.

Será necesario, para poder aplicar esta fórmula, obter unha cualificación mínima de 4 en cada unha dos bloques nos que se divide a materia. Para superar a materia o alumno debe obter, como nota final, unha cualificación igual ou superior a 5.

No caso de que a cualificación final sexa igual ou superiora 5, pero algunha das partes estea suspensa, a cualificación final será de 4,9.

A continuación, detállase a desagregación de cada unha das partes mencionadas: 


1. Teoría: 
• Exame de preguntas obxectivas: 80%. 

• Resolución de exercicios: 20%. 
2. Fuentes xurídicas: 
• Exame de preguntas obxectivas: 60%. 

• Resolución de exercicios: 20%. 

• Curso biblioteca: 20%. 

3. Procesador de textos avanzado: 
• Exercicio puntuable (resolución de problema): 75% . 

• Resolución de exercicios: 25% . 
4. Folla de cálculo: 
• Exercicio puntuable (resolución de problema): 50% . 

• Exame de preguntas obxectivas: 30% . 

• Resolución de exercicios: 20% . 

5. Ferramentas para o traballo colaborativo: 
• Bloque Blogue ou páxina web: 40% . 

• Marcadores Sociais: 15% . 

• Ofimática en liña: 45% . 

• A avaliación realizarase mediante unha rúbrica.




Avaliación


O alumno poderá elixir o sistema de avaliación que desexa lle sexa aplicado na materia. Para iso debe optar, nos primeiros 15 días do cuadrimestre, entre avaliación continua (probas e actividades desenvolvidas ó longo do cuatrimestre) ou un Exame Final único (100% da nota final).

Para tal fin, habilitarase un contrato que deberá ser asinado por todo aquel alumno que desexe seguir un método de avaliación continua. A firma deste contrato de avaliación é obrigatoria para todo o alumnado. Se algún alumno non asina este contrato enténdese que opta por un exame final único e renuncia á avaliación continua.

O exame final celebrarase na data oficial, e acudirán a el únicamente aqueles alumnos que optasen por este sistema de avaliación.

Na segunda oportunidade (Xullo) realizarase unha proba final que englobará toda a materia vista ao longo do cuadrimestre. A esta proba final, os alumnos que optaron por avaliación continua, só acudirán con aqueles bloques que suspendesen.

Na convocatoria Fin de Carreira realizarase unha proba final que englobará todo o que se ha visto a o longo do cuadrimestre.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta da Facultade para o curso 2023-2024.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000