Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito: Teoría do dereito
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Exame con varias preguntas para contestar nun espazo limitado e que coincidirán con epígrafe ou similares.

Esta será a primeira proba.
30 A1
A3
A4
B1
B2
B4
C7
C8
D1
D4
Exame de preguntas obxectivas Exame con varias preguntas para contestar nun espazo limitado e que coincidirán con epígrafe ou similares.

Esta será a proba final.

Será necesario alcanzar unha nota mínima de 5 puntos sobre 10 para que se valore a avaliación continua de prácticas e traballos.
40 A1
A3
A4
A5
B1
B2
C7
C8
C33
C34
D1
D4
Práctica de laboratorio Resolución de casos prácticos,
destinados a valorar a correcta comprensión e aplicación dos contidos da materia, a análise e o razoamento críticos.

Para superar a materia será necesario acadar nas probas una nota media de 5 puntos
Os alumnos cando se avalían de esta metodoloxía están avaliando o resultado de aprendizaxe que figura no apartado segundo da guía docente.
15 A1
A2
A3
A4
B1
B2
B3
B4
C7
C33
D1
D3
D5
Presentación Presentación oral ou escrita dun tema ou dun libro relevante para o estudo da teoría do Dereito e do pensamento xurídico, e análise crítico do mesmo. 15 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B3
B4
C7
C33
C34
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Primeira Convocatoria ordinaria. Sistema de avaliación continua. O alumnado que se acolla ao sistema de avaliación continua serán avaliados segundo os criterios sinalados anteriormente. 

O primeiro exame valerá un 30% da nota, e o exame final valerá un 40% da nota, sendo o resto porcentual da parte práctica de asistencia e entrega de traballo.

O estudantado necesitará unha calificación mínima de 5 sobre 10 en todas as partes para que sexan tidas en conta as cualificacións obtidas mediante o sistema de avaliación continua. 

-Sistema de exame final. Os alumnos e alumnas que non seguiron ou non superaron a avaliación continua terán dereito a un examen final
teórico e práctico no que se avaliarán as competencias globais da materia e constituirá o 100 % da cualificación da materia. O exame consistirá nunha parte teórica donde se farán unha serie de preguntas; e na parte práctica se desenvolverá un caso práctico e se contestará a unha serie de preguntas relacionadas co mesmo. 

2. Segunda oportunidade. Os estudantes que superando a avaliación continua non alcanzasen a cualificación mínima farán un exame similar ao da primeira convocatoria, e se lles conservarán as cualificacións obtidas no proceso de avaliación continua. Os estudantes que non se acollesen a avaliación continua terán dereito a un exame final teórico e
práctico similar ao da primeira convocatoria, que constituirá o 100 % da cualificación da materia. 

3. Convocatoria fin de carreira. Para aqueles estudantes que se matriculen na convocatoria de fin de carreira, o exame consistirá nun exame sobre a materia obxecto do Programa da asignatura. As datas de exame de todas as convocatorias estarán fixadas e a disposición dos estudantes tanto na propia Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo como na súa páxina web. 

Recoméndase para que os estudantes participen na avaliación continua, que suban a súa ficha de estudante á plataforma virtual.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000